Ponte do Milenio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 1:
== Descrición ==
A ponte está constituída por dous niveis. O nivel inferior é unha plataforma de formigón que forma a ponte en si mesma e pola que transitan vehículos e peóns. Un sistema de tirantes e dous piares metálicos inclinados, situados nos extremos, sustentan a plataforma de circulación. O segundo nivel da ponte está constituída pola pasarela peonil que descende polas beiras laterais por debaixo da plataforma e ascende até unirse cos extremos que proceden do outro lateral por encima da ponte formando unha especie de aro deformado que se adapta á ponte de modo envolvente. Este paseo envolvente é transitábel e proporciona unhas vistas interesante da paisaxe do río e da cidade. A obra realizouse entre abril 1999 e agosto 2001.<ref name=AVP/>
 
== Acceso ==
Accédese desde a estrada N-525 en dirección ao centro da cidade pola Rúa dos Remedios. Ten dobre sentido de circulación e desemboca nos seus extremos en sendas rotondas.