Torrent, Valencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 50:
Non se sabe cando se orixinou o nome desta cidade aínda que se especula sobre unha posíbel orixe latina. Existen dúas palabras de orixe latino que poderían ser a raíz do topónimo: ''Turritus'' (fortificado) ou ''Torrens'' (rápido, impetuoso, violento).<ref>El nom de Torrent, Quaderns de vida torrentina vol I. Vicent Bequer i Esteve, Cronista de Torrent. 1978.</ref>
 
A primeira vez que aparece escrito é nun documento de [[Xaime I de Aragón|Jaume I]] de 1232, no que se chama ''Vilas de Torrent''.<ref>Documentos de Jaime I de Aragón, vol I (1216,1236). Ambrosio Huici e Desamparados Cabanes. 1976.</ref> ''Torrent'' foi o nome oficial até que no ano 1860 dítase unaunha Real Orden pola cal tódolos nomes de municipios han de traducir os seus nomes ao castelán. Dende ese día comezouse a usar de xeito oficial o topónimo ''"Torrente"''.
 
Dende 1979 volveu a chamarse oficialmente ''Torrent''.<ref>[http://www1.ine.es/intercensal/busquedaMunicipio?numPag=0&opcionDeBusqueda=PorTexto&criterioDelTextoMunicipio=0&textoMunicipio=Torrent&L=0 Instituto Nacional de Estadística] Indícase que anteriormente a 1980 o municipio chamábase Torrente</ref> Dende ese ano os documentos oficiais tanto en [[valenciano]] como en castelán inclúen o nome de ''Torrent''.