Rock and roll: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
m →‎Historia e características: "Tupés" non está recollido no DRAG, a forma correcta é "topete"
Liña 19:
== Historia e características ==
 
As diferenzas do Rock coas músicas das que provén, ([[Country]] e [[Blues]], son máis de énfase e de actitude que puramente musicais. A finais dos corenta comezaron a aparecer fusións entre os dous estilos, "Moving all over" ([[Hank Williams]], 1947) e "Rocket 88" (Jackie Brenston, 1951) poden ser consideradas mostras iniciais de Rock, pero até que aparece a rebelión xuvenil, os tupéstopetes e o sexo entre adolescentes, a poder ser no asento traseiro dun automóbil, non se pode falar de Rock.
 
Por primeira vez os mozos non querían levar a vida dos seus pais e facían desta diferenza unha cuestión cultural. O rock canalizouna, deulle nome, serviulle de trilla sonora e moito mais que é difícil de comprender hoxe. Como ben dixo [[John Lennon]], antes de [[Elvis Presley]] non había nada. A continuidade vese tamén en que a formación clásica do rock é aquela do Blues eléctrico de Chicago da que evoluiu principalmente: Voz, dúas [[guitarra]]s, [[baixo]] e [[Batería (instrumento musical)|batería]]. Pese a tantas cousas en común non se pode falar do rock como un blues tocado por brancos, ao blues faltáballe o carácter explosivo e as gañas de vivir que transmiten desde os primeiros discos de [[Rockabilly]] até os [[Sex Pistols]].