Roi Xordo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Roi Xordo''' liderou a [[Irmandade Fusquenlla]] en [[1431]] na súa revolta contra o señor [[Nuno Freire de Andrade]], ''o Mao'' na que sería a primeira revolta [[irmandiños|irmandiña]].
 
Pouco se sabe de Roi Xordo, excepto que era fidalgo e das terras dos [[Andrade]] (supostamente de [[Ferrol]], ainda que tamén se defende que era coruñés<ref>Hai quen considera que este Roi Xordo é o mesmo que outorgou testamento na cidade da Coruña o [[24 de decembro]] de [[1457]].(Ver Bibliografia:Uriarte "O testamento.."Basadre) Ademais semella que este Roi Xordo das Mariñas, rexedor da Coruña, é o mesmo que finou violentamente no mes de xuño de 1458 a mans de [[Fernán Pérez de Andrade]] "o Mozo" e dos seus homes, segundo testemuña o seu tío Gómez Pérez das Mariñas. (Ver Pardo de Guevara)</ref>). Liderou unha forza de 3.000 homes que tomou o [[Castelo de Moeche]], e despois atacou outras fortalezas en [[Pontedeume]], [[Monforte]] e [[Santiago]] até a súa suposta morte no combate en Pontedeume en [[1437]], cando foi derrotada a irmandade.
 
==Referencias==