Diferenzas entre revisións de «SST Records»

m
En [[1987]] SST publicou ao redor de 80 títulos, unha "cantidade ridícula incluso para os estándares de grandes selos", segundo Azerrad. O prestixio de SST decreceu en cara [[1990]] o selo independente de [[Seattle]] [[Sub Pop Records]] eclipsara a SST. O reputación do selo quedou gravemente danada cando o grupo [[Negativland]] librou unha longa batalla legal con SST a raíz da súa demanda polos ''samples'' usados na súa versión do tema de [[U2]] "I Still Haven't Found What I'm Looking For", no seu EP de [[1991]] ''[[U2 (EP)|U2]]''. O caso resolveuse cando Ginn e SST accederon a editar a meirande parte dos masters de Negativland (principalmente a súa serie de casetes ''Over The Edge'') a cambio de completar o traballo para un disco ao vivo que fora planeado moito antes de que comezase a batalla legal, ademais de manter as tres edicións da banda en SST por un curto período de tempo no selo (os dereitos dende entón pasaron a pertencer a Negativland). Esta batalla foi posteriormente a base do libro/CD de Negativland ''[[Fair Use: The Story of the Letter U and the Numeral 2]]'', publicado en 1995.
 
SST entrou en semi-hibernación a mediados dos 90, borrando gran parte do seu catálogo de jazz e publicando pouco material novo aparteá parte dos proxectos de Ginn (incluídos [[Confront James]] e [[Mojack]]), pero aínda mantendo os catálogos de Black Flag, Minutemen, Firehose, Hüsker Dü, Descendents e [[Bad Brains]]. Varios antigos artistas do selo, como Sonic Youth e [[Meat Puppets]], demandaron a SST para reclamar os seus ''masters'', reclamando dereitos sen pagar.<ref>Azerrad, p. 496</ref> O selo deixou de editar discos cara finais da década. Ginn culpou á quebra da distribuidora da discográfica, DNA.<ref>{{cita web|apelidos=Mark Prindle (2003)|url=http://www.markprindle.com/ginn-i.htm|dataacceso=25 de outubro de 2016}}</ref> Co tempo SST reanudaría a edición de material novo a mediados da década dos 2000. Porén, esas novas edicións limitáronse aos proxectos relacionados con Ginn, como Gone, Hor, Jambang e Greg Ginn and the Taylor Texas Corrugators.
 
En [[2002]] Ginn asinou un novo contrato de distribución con [[Koch Records]] e prometeu material novo dos seus distintos proxectos musicais. En [[2006]] o distriuidor dixital independente [[The Orchard]] anunciou que 94 títulos do fondo de catálogo de SST estarían dispoñibles en servizos dixitais como eMusic e a iTunes Music Store.<ref>{{cita web|título=SST Records to make back catalog available for download|url=http://www.altpress.com/index.php/news/entry/archive_329|editor=Alternative Press|dataacceso=25 de outubro de 2016}}</ref>
62.337

edicións