Diferenzas entre revisións de «SST Records»

Varios artistas deixaron SST a finais dos 80. Cara [[1987]], xusto un ano despois de asinar co selo, o desencanto de Sonic Youth medrara. O guitarrista [[Thurston Moore]] dixo, "A contabilidade de SST era un pouco sospeitosa para nós", e [[Lee Ranaldo]] criticou a calidade administrativa de SST.<ref>Azerrad, p. 268</ref> A banda tampouco estaba satisfeita coas novas fichaxes de Ginn. Descontentos con que os ingresos dos seus discos acabasen axudando a financiar "gravacións lame-cus", Sonic Youth deixou o selo e asinou con [[Enigma Records]] en [[1988]].<ref>Azerrad, p. 269</ref> Dinosaur Jr abandonaría SST por [[Blanco y Negro Records]] en [[1990]]. O seu líder [[J Mascis]] dixo, "Gústame Greg Ginn e as súas cousas, pero eles non ían pagarte".<ref>Azerrad, p. 374</ref>
 
En [[1987]] SST publicou ao redor de 80 títulos, unha "cantidade ridícula incluso para os estándares de grandes selos", segundo Azerrad. O prestixio de SST decreceu en cara [[1990]] o selo independente de [[Seattle]] [[Sub Pop Records]] eclipsara a SST. O reputación do selo quedou gravemente danada cando o grupo [[Negativland]] librou unha longa batalla legal con SST a raíz da súa demanda polos ''samples'' usados na súa versión do tema de [[U2]] "I Still Haven't Found What I'm Looking For", no seu EP de [[1991]] ''[[U2 (EP)|U2]]''. O caso resolveuse cando Ginn e SST accederon a editar a meirande parte dos masters de Negativland (principalmente a súa serie de casetes ''Over The Edge'') a cambio de completar o traballo para un disco ao vivo que fora planeado moito antes de que comezase a batalla legal, ademais de manter as tres edicións da banda en SST por un curto período de tempo no selo (os dereitos dende entón pasaron a pertencer a Negativland). Esta batalla foi posteriormente a base do libro/CD de Negativland ''[[Fair Use: The Story of the Letter U and the Numeral 2]]'', publicado en 1995.
 
SST entrou en semi-hibernación a mediados dos 90, borrando gran parte do seu catálogo de jazz e publicando pouco material novo aparte dos proxectos de Ginn (incluídos [[Confront James]] e [[Mojack]]), pero aínda mantendo os catálogos de Black Flag, Minutemen, Firehose, Hüsker Dü, Descendents e [[Bad Brains]]. Varios antigos artistas do selo, como Sonic Youth e [[Meat Puppets]], demandaron a SST para reclamar os seus ''masters'', reclamando dereitos sen pagar.<ref>Azerrad, p. 496</ref> O selo deixou de editar discos cara finais da década. Ginn culpou á quebra da distribuidora da discográfica, DNA.<ref>{{cita web|apelidos=Mark Prindle (2003)|url=http://www.markprindle.com/ginn-i.htm|dataacceso=25 de outubro de 2016}}</ref> Co tempo SST reanudaría a edición de material novo a mediados da década dos 2000. Porén, esas novas edicións limitáronse aos proxectos relacionados con Ginn, como Gone, Hor, Jambang e Greg Ginn and the Taylor Texas Corrugators.
 
En [[2002]] Ginn asinou un novo contrato de distribución con [[Koch Records]] e prometeu material novo dos seus distintos proxectos musicais. En [[2006]] o distriuidor dixital independente [[The Orchard]] anunciou que 94 títulos do fondo de catálogo de SST estarían dispoñibles en servizos dixitais como eMusic e a iTunes Music Store.<ref>{{cita web|título=SST Records to make back catalog available for download|url=http://www.altpress.com/index.php/news/entry/archive_329|editor=Alternative Press|dataacceso=25 de outubro de 2016}}</ref>
 
== Notas ==
61.431

edicións