Lingua irlandesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxo
arranxo
Liña 43:
[[Ficheiro:Irlandés.jpg|miniatura|dereita|300px|Zonas irlandesas nas que se fala maioritariamente o '''gaélico irlandés''' en vermello.]]
 
Existen certas áreas de Irlanda nas que o irlandés se fala de maneira tradicional como [[lingua materna]]; son as rexións coñecidas como [[Gaeltacht]]. Están no [[Condado de Galway]], incluíndo [[Connemara]] e as [[illasOileáin Árann]]; na costa oeste do [[Condado de Donegal]]; en [[Tyrconnell]], a [[Península de Dingle]] no [[Condado de Kerry]], así como en zonas máis pequenas dos condados de [[Condado de Mayo|Mayo]], [[Condado de Meath|Meath]], [[Condado de Waterford|Waterford]] e [[Condado de Cork|Cork]].
 
En todas estas áreas a poboación de fala irlandesa foise reducindo desde que se trazaron os seus límites. [[Gaoth Dobhair]], no Condado de Donegal, é a parroquia dos Gaeltacht de maior tamaño. As áreas de Gaeltacht numericamente e socialmente máis fortes son as do sur de Connemara, o extremo occidental de Dingle e o noroeste de Tyrconnel, coñecidas como ''Fíor-Ghaeltacht'' ("verdadeiro Gaeltacht"), se ben contan cunha poboación total que non chega aos 10.000. As maiores porcentaxes de falantes habituais atópanse en [[Rosmuck]] (máis do 91%) e arredor de [[Cnoc na Fola]] en Tyrconnell.
Liña 61:
 
=== Dialectos de Connacht ===
O dialecto máis forte do irlandés de Connacht é o de [[Connemara]] e as [[illasOileáin Árann]]. En certos aspectos, este dialecto é bastante diferente do irlandés xeral de Connacht, mais dado que a maioría dos dialectos de Connacht desapareceron durante o século pasado, o irlandés de Connemara se identifica actualmente co irlandés de Connact. Moito máis preto do irlandés tradicional de Connacht é o dialecto, moi ameazado, que se fala na rexión fronteiriza entre Galway e Mayo. O irlandés de [[Tourmakeady]], no sur de Mayo e o País de [[Joyce]], considéranse os dialectos vivos máis próximos do irlandés medieval. Tamén, os dialectos do norte de Mayo de [[Erris]] e [[Achill]] son, gramaticalmente e morfoloxicamente, esencialmente dialectos de Connacht, se ben mostran afinidade léxica co irlandés do Ulster, debido á inmigración masiva que seguiu á [[Plantación do Ulster]].
 
O irlandés de Connemara é moi popular entre os estudantes, grazas ao manual de auto-aprendizaxe de [[Mícheál Ó Siadhail]]. Porén, certos trazos fican fora do padrón oficial, en particular a terminación dos nomes deverbais en -achan, como ''lagachan'' en vez de ''lagú'', "debilitamento". A pronuncia non padrón, con vogais alongadas e terminacións moi reducidas, dálle ao irlandés de Connemara o seu sotaque distintivo.