Supergrass: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: da:Supergrass
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 16:
 
==Biografía==
Supergrass foi formada en [[1994]] por [[Gaz Coombes]] na voces e na [[guitarra]], [[Mick Quinn]] no [[baixo]] e [[Danny Goffey]] na [[batería (instrumento musical)|batería]]. Antes diso, Goofey e Coombes xa tocaran xuntos na banda Jennifers. O son era practicamente igual ao da banda Ride, e os Jennifers chegaron a lanzar un sinxelo pola discográfica Nude Records. A historia de Jennifers non dura moito tempo, e Coombes, Goffey e Quinn acaban tomando outro rumbo, formando unha nova banda. As influencias máis evidentes do novo proxecto eran as bandas inglesas dos anos 60, engadíndolle a forza, entusiasmo e enerxía punk de bandas tan díspares como [[Pixies]] e [[Buzzcocks]].
 
A nova banda evoluíuevoluiu rápido e en pouco tempo eles xa se presentabanpresentaba en directo en setsactuacións de media hora. O primeiro lanzamento de Supergrass foi o sinxelo "Caught By The Fuzz", hoxe en día clásico do [[britpop]]. O sinxelo foi lanzado pola discográfica independente Backbeat, no verán de [[1994]].
 
Eran só 250 copias, pero o sinxelo tivo repercusión. A Parlophone, do xigante grupo EMI contratounos e relanzou "Caught By The Fuzz" en outubro. Desta vez, o sinxelo case entra no top 40 britânico (chegou ao 42) e rendeu eloxios dos medios ingleses, aparte de comentarios positivos do persoal de [[Blur]] e [[Elastica (grupo musical)|Elastica]]. A partir daí as cousas comezaron a andar rápido: concertos como teloneiros de [[Blur]], canción inédita no entón lendario ''Singles Club'' da [[Sub Pop]] e disco de estrea listo para ser lanzado no ano seguinte.
 
O debut, ''[[I Should Coco]]'', chegachegou ás tendas en maio de [[1995]] e non tardatardou en alcanzar a cima das listas inglesas. A responsable da fazaña foi a canción "Alright", o hit do verán daquel ano. O seu videoclip axudou á banda a ser coñecida no resto do mundo. Dous sinxelos máis seguiron a este lanzamento, "Time" e "Lenny", que sitúan a Supergrass entre as grandes bandas de [[Inglaterra]].
 
Despois da xira mundial de ''[[I Should Coco]]'' a banda só retornaría con disco novo en [[1997]]. ''[[In It For The Money]]'', repetíurepetíuse o éxito do seu predecesor ao chegar ao segundo lugar en [[Inglaterra]], con vendas de un millón de copias só nese país. No seu segundo álbum, Supergrass mantén o entusiasmo de sempre, pero é un disco menos fresco que ''[[I Should Coco]]'', aparte de amosar un evidente refinamento en arranxos máis detallados. Mentres tanto, fóra de [[Inglaterra]] a banda non mantivo o mesmo éxito, reducíndose o seu público. "Richard III" e "Sun Hits the Sky" foron os hits de ''[[In It For The Money]]''.
 
A banda retornaría en [[1999]] cun disco autotitulado, que foi coñecido entre os fans como ''X-Ray Album'' (pola imaxe da súa portada). A pesares de que seguise a mesma liña do disco anterior, algúns críticos consideraron ''Supergrass'' máis relaxado, non chegando ás expectativas depositadas nel. Mesmo contando cun sinxelo poderoso, "Pumping On Your Stereo", o disco xa non tivo as mesmas vendas en [[Inglaterra]] e foi pouco notado noutros países.