Abrir o menú principal

Cambios

Aplica para aqueles ficheiros que non teñen a información de orixe e licenza necesarias para verificar o seu estado de dereitos de autoría. Estes ficheiros poden borrarse tras un período de tempo após da súa identificación se a información requirida non se engade. Os administradores deben revisar o resumo da carga, información e meta-datos do ficheiro e a propia imaxe na procura dunha licenza antes de proceder coa eliminación do ficheiro baixo este criterio.
{{Anchor|F7}}
==== F7. Dispoñible en [[Wikimedia Commons|Commons]] ====
{{Atallo|WP:F7}}
Imaxes que están dispoñibles en [[Wikimedia Commons|Commons]], sempre e cando cumpran as seguintes condicións:
* A versión de Commons ten o mesmo formato de ficheiro e sexa de igual ou maior calidade/resolución.
* A licenza e fonte da versión de commons está fóra de toda dúbida, e a licenza sexa válida para Commons. Para asegurar que o ficheiro non se elimine en Commons, o ficheiro alí debe ter:
** Nome e data da morte do creador da obra artística representada polo ficheiro, ou proba evidente dunha licenza libre. De ser autor anónimo cómpre asegurarse que a páxina da descrición probe o estado como tal.
** País onde se localiza a obra representada, ou onde se publicou por primeira vez.
** Data de creación ou primeira publicación da obra artística representada, dependendo da lei de dereitos de autoría do país de orixe.
* Toda a información da descrición do ficheiro está presente na páxina de descrición de Commons, incluíndo historial de carga con ligazón á páxina de usuario do que cargou a imaxe orixinal localmente.
** Se hai información non relevante para outros proxectos, como categorías ou marcas de destaque, a páxina de descrición do ficheiro debe recuperarse localmente tralo borrado mantendo só ditas categorías ou marcas.
* Se a imaxe está dispoñible en Commons baixo un nome distinto do local, as referencias locais á imaxe deben actualizarse para apuntar ó nome do ficheiro en Commons.
* A imaxe local non está protexida. As imaxes protexidas non deben eliminarse, aínda se existe unha copia idéntica en Commons. Este tipo de imaxes manteñense localmente por motivos de uso na interface ou en marcadores de alto risco.
{{Anchor|F8}}
 
==== F8. Violación dos dereitos de autoría ====
{{Atallo|WP:F8}}