Abrir o menú principal

Cambios

m
Exemplos deste criterio inclúen as páxinas de conversa orfas, subpáxinas sen páxina nai, páxinas de ficheiros sen unha imaxe correspondente, redireccións a páxinas non válidas (páxinas que non existen, bucles de redireccións, redirecccións a títulos incorrectos e categorías poboadas por modelos borrados. Exclúe calquera páxina que poida ser útil para a Wikipedia, como conversas de borrado non rexistradas noutro lugar, páxinas de usuario, páxinas de conversa de usuario, arquivos de conversas, conversas de ficheiros existenets en Commons e páxinas que deban moverse a outros lugares. As páxinas de conversa orfas ou subpáxinas sen páxina nai poden marcarse con {{tl|páxina orfa}} para a súa conservación se son relevantes.
{{Anchor|X8}}
==== X8. PáxinasPáxina de ataque ou acoso ====
{{Atallo|WP:X8}}
As páxinas de ataque ou acoso son aquelas que só teñen o proposito de difamar, conteñen ameazas legais ou de calquera outro tipo, teñen a intención de acosar ou intimidar a unha persoa ou conteñen [[WP:BPV|información biográfica sobre unha persoa viva]] nun ton totalmente negativo e sen fontes que apoien o texto. Estas páxinas deben eliminarse cando non hai unha [[WP:PVN|versión neutral]] no historial á que se poida reverter. Tanto o título da páxina como o contido poden terse en conta á hora de avaliar o ataque ou acoso. Os artigos sobre persoas vivas borrados baixo este criterio non deben restaurarse ou crearse de novo ata que se cumpran os estándares dos [[WP:BPV|artigos biográficos]]. As redireccións dende termos de procura plausibles non entran dentro deste criterio (ver [[WP:RNEUTRAL]]).
{{Anchor|X9}}
 
==== X9. Promoción ou spam ====
{{Atallo|WP:X9}}