Concello de Cotobade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 64:
Entre os antigos monumentos históricos atópase no [[monte Castelo]], que se estende polos límites de [[Borela]], [[Carballedo, Cotobade|Carballedo]], [[Tenorio]] e [[Viascón]], a torre que noutrora se chamaba Couto do abade, da que quedan apenas vestixios.
 
Preto desta están os restos do castelo de Tenorio, que, a finais do [[século XV]], pertencía a [[Pedro Madruga]], señor de Soutomaior e conde de Camiña, e que foi conquistado polos [[irmandiños]]. Trala súa estadía en [[Portugal]], Pedro Álvarez de Soutomaior reconquistou o castelo, malia ser defendido tenazmente por [[Gómez Pazos de Probén]] ó mando de 3.000 ou 4.000 viláns. A derrota irmandiña debeuse á traizón dun escravo mouro que revelou os puntos febles da defensa, polo que [[Manuel de Brito]], ó mando de cen [[lanceiro]]s e 2.000 peóns, conseguiu entrar no castelo, dando morte ós seus defensores. Segundo [[Vasco da Ponte]], na época o castro recibía o nome de "Famela" ou "Framela".{{Cómpre referencia}}
 
O concello tivo a súa propia xurisdición, na que o Duque de Soutomaior nomeaba xuíz ordinario, e que comprendía todas as actuaissúas parroquias, agás a de [[Caroi, Cotobade|Caroi]].
 
No [[século X]] fundouse o [[Mosteiro de San Pedro de Tenorio|convento de beneditinos de Tenorio]]. A boa posición estratéxica deste causou que caese en mans de Pedro Madruga, quen destituíusubstituíu o seu abade, Pedro Tenorio, por un monxe de Lérez. Este nomeamento, ó non ser acatado pola comunidade, trouxo como consecuencia o abandono do convento. Posteriormente utilizouse como reduto defensivo polos guerrilleiros durante a [[Guerra da Independencia española|Guerra da Independencia]], e acabou destruído ó ser incendiado polos [[Francia|franceses]].
 
=== Idade Contemporánea ===