Tomé de Aquino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 27:
Posteriormente, foi mestre na [[Universidade de París]] por dúas ocasións, primeiro entre [[1256]] e [[1259]], na cátedra de estranxeiros de Santiago, e despois entre [[1269]] e [[1272]]. Nesa cidade fora discípulo de [[Alberte Magno]] a quen tamén acompañou a [[Colonia, Alemaña|Colonia]]. Ensinou, así mesmo, en varias cidades de [[Italia]], entre elas [[Roma]] para organizar o ''Studium'' dominico. Na universidade sufriu o rexeitamento que padeceron os membros das ordes mendicantes dun xeito paralelo ao de [[Boaventura de Bagnoregio]]. As súas ideas aristotélicas consideráronse incompatibles co [[cristianismo]] e varias das súas teses foron condenadas polo [[bispo]] de París [[Estevo Tempier]] en [[1277]]. En [[Oxford]] tamén foron condenadas por parte dos arcebispos de [[Canterbury]] [[Roberto Kilwardby]], malia ser tamén dominico, e [[John Peckhan]] (franciscano).
 
Trasladado definitivamente a [[Nápoles]], morreu no ano [[1274]] durante unha viaxe cara [[Lión]] para formar parte nun [[Concilio]] convocado polo [[Papapapa]] [[Gregorio X]].
Entre os escritos filosóficos de Tomé de Aquino merecen destacarse numerosos comentarios ás obras de [[Aristóteles]], así como os opúsculos ''[[O ente e a esencia]]'' e ''[[Sobre a unidade do entendemento en contra dos averroistas]]''. Canto á súa produción [[Teoloxía|teolóxica]], as obras máis importantes para a [[filosofía]] son a ''[[Suma teolóxica]]'', as ''[[Cuestións disputadas]]'' e ''[[Suma contra xentís]]''.