Diferenzas entre revisións de «SST Records»

O plantel de SST reduciríase aínda máis coa desaparición en [[1985]] de [[Minutemen (grupo musical)|Minutemen]] (como resultado da morte do seu guitarrista [[D. Boon]]) e coa ruptura en [[1986]] de [[Black Flag]]. O selo substituíu a esas bandas asinando con [[Sonic Youth]], [[Dinosaur Jr]] e [[Bad Brains]]. Sonic Youth adoitaba a mencionar a SST en entrevistas e segundo o escritor musical [[Michael Azerrad]], "semellaba estar facendo unha campaña activamente para asinar cos puntais do indie";<ref>Azerrad, p. 261</ref> á súa vez, Sonic Youth foi determinante para que SST asinase con Dinosaur Jr. [[Gerard Cosloy]], dono do anterior selo de Dinosaur Jr, [[Homestead Records]], dixo, "SST era o selo onde todos querían estar... As bandas favoritas de todo o mundo estaban na discográfica; SST era máis divertido e máis interesante e tamén tiña a maquinaria".<ref>Azerrad, p. 358</ref>
 
En [[1986]] Ginn mercoulle [[New Alliance Records]] a [[Mike Watt]], que fundara o selo con [[D. Boon]].<ref>Azerrad, p. 94</ref> Ginn e SST procederon a reeditar con SST algúns dos lanzamentos clave de New Alliance; álbums de [[Descendents]], o ''[[Land Speed Record]]'' de Hüsker Dü, e todos os lanzamentos de Minutemen con ese selo. Unha vez feito convertiríaconvertería a New Alliance nunha etiqueta baseada ao redor de edicións de [[jazz]] pouco convencional, [[música rock|rock]] e palabra falada.
 
A finais dos 80 e principios dos 90 Ginn creou dous subselos distribuídos por SST. O primeiro, [[Cruz Records]], fundado en [[1987]], publicou tres álbums en solitario de Ginn no espazo dun ano, e tamén lanzou discos de [[ALL]], [[Big Drill Car]] e [[Chemical People]]. O segundo, o selo de curta vida [[Issues Records]], concentrouse en edicións de palabra falada, incluíndo un álbum duplo do antigo xogador da [[NBA]] [[Bill Walton]] con música de [[Ray Manzarek]].
 
== Notas ==
61.431

edicións