Unión de Centro Democrático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: ligazón a Constitución española de 1978
Liña 16:
A UCD formouse como un conglomerado de personalidades políticas que representaban siglas que apenas tiñan unha mínima estrutura, [[Fernando Álvarez de Miranda]] (PDC), [[Pío Cabanillas Gallas|Pío Cabanillas]] (PP), [[Gonzalo Casado]] (PSI), [[Manuel Clavero]] (PSLA), [[Francisco Fernández Ordóñez]] (PAD), [[Juan García Madariaga]] (PPL), [[Joaquín Garrigues]] (FPDL), [[Enrique Larroque]] (PL), [[José Ramón Lasuén]] (FSD), [[José Luis Meilán Gil]] (PGI), [[Lorenzo Olarte]] (UC), [[Eurico de la Peña]] (USDE), [[Antonio Pérez Crespo]] (UDM), [[Enrique Sánchez de León]] (AREX) e [[Ignacio Camuñas]] (PDP) baixo o liderato de Adolfo Suárez. Nas eleccións lexislativas de 1977 conseguiu o 34.44% dos votos e 166 escanos, a maioría relativa no Parlamento que elixiu Adolfo Suárez como presidente do goberno. O [[4 de agosto]] a UCD transformouse nun partido político e con 3 dos 7 poñentes foi clave na elaboración da [[Constitución española de 1978|Constitución de 1978]].
 
En 1978 celebrou o seu primeiro congreso nacional que elixiu como presidente a Adolfo Suárez e como secretario xeral a [[Rafael Arias Salgado]]. Nas eleccións de 1979 tivo o 34.84% dos votos e 168 escanos. O crecemento da UCD continuou ata 1981 pero a partir dese momento os conflitos internos e os problemas económicos deses anos acabaron por prexudicar seriamente ao partido, en xaneiro de 1981 Suárez renunciou á presidencia do goberno, substituíuno [[Leopoldo Calvo -Sotelo Bustelo]] e o intento de golpe de estado do [[23 de febreiro]] de [[1981]] cando se realizaba a votación de investidura do novo presidente agudizaron os problemas internos da UCD, Suárez deixou a UCD e formou en xuño o [[Centro Democrático y Social]], Fernández Ordóñez e os socialdemócratas integráronse no [[PSOE]], [[Miguel Herrero]] e outros tres deputados marcharon a [[Alianza Popular]] ao igual que os democristiáns de [[Óscar Alzaga]], o grupo parlamentario centrista quedou reducido a 151 escanos e Calvo Sotelo tivo que convocar eleccións para o [[28 de outubro]] de [[1982]] que gañaron por maioría absoluta os socialistas, a UCD presentou como candidato a [[Landelino Lavilla]] e resultou na desfeita electoral do partido que tivo o 6.77% dos votos e tan só 11 escanos (5 procedentes de [[Galicia]]), tras a disolución do partido, nos territorios onde mantivera unha certa forza deu orixe a partidos rexionalistas ou nacionalistas como foi o caso de Galicia onde a UCD local serviu de base para a formación de [[Coalición Galega]] pero no conxunto de España a base electoral e os militantes da UCD transferiuse a [[Alianza Popular]] e en menor medida ao PSOE.
 
[[Categoría:Partidos políticos]]