Diferenzas entre revisións de «SST Records»

m
 
Durante mediados dos anos 80 Hüsker Dü converteuse na estrela de SST. As súas fortes composicións e a súa música cada vez máis melódica foi unha peza clave na conexión entre o [[hardcore punk]] e o desenvolvemento do son do [[college rock]].<ref>Azerrad, p. 159</ref> A gravación e edición constante de discos da banda (que publicou tres álbums entre 1984 e 1985) traducíuse nun aumento dos ingresos do selo que lle permitiu aforrar cartos para pagar novos lanzamentos aos distribuidores.<ref>Azerrad, p. 184</ref> . Porén, a banda sentía que SST non prestaba a suficiente atención aos seus traballos; tras deixar o selo o batería de Hüsker Dü [[Grant Hart]] dixo, "Creo que hai un pouco de reticencia pola súa parte para permitir que algo consiga un pouco máis de atención que Black Flag".<ref>Azerrad, p. 187</ref> En [[1985]] Hüsker Dü quería autoproducir o seu terceiro álbum de estudio, ''[[New Day Rising]]''. Ignorando os desexos do grupo, SST asignou a Spot para que supervisase as sesións. Grant Hart explicou posteriormente: "Non non queda outra elección que traballar con el. SST fíxonos traballas con el".<ref>Azerrad, 2001. p. 185</ref> Consciente da tensión, Spot "tivo que facer o que a discográfica quería". ''New Day Rising'', como resultado, sería unha das últimas gravacións que Spot fixo para o selo,<ref>Azerrad, 2001. p. 186</ref> e a banda asinaría pouco tempo despois con [[Warner Bros. Records]].<ref>Azerrad, 2001. p. 190</ref>
 
O plantel de SST reduciríase aínda máis coa desaparición en [[1985]] de [[Minutemen (grupo musical)|Minutemen]] (como resultado da morte do seu guitarrista [[D. Boon]]) e coa ruptura en [[1986]] de [[Black Flag]]. O selo substituíu a esas bandas asinando con [[Sonic Youth]], [[Dinosaur Jr]] e [[Bad Brains]].
 
== Notas ==
61.834

edicións