Abrir o menú principal

Cambios

m
O Século de Ouro español foi un florecente período para as artes e a literatura en España, que abarcou aproximadamente desde 1492 ata 1650. Nesta época xurdiron figuras da talla de [[O Greco]] e [[Diego Velázquez|Velázquez]] en pintura ou [[Garcilaso de la Vega]], [[Miguel de Cervantes]], [[Luis de Góngora]], [[Francisco de Quevedo]], [[Lope de Vega]] e [[Pedro Calderón de la Barca|Calderón de la Barca]] en canto ás letras se refire. En América destaca a poeta [[Xoana Inés da Cruz]], a última representante da literatura áurea en español.
 
O monumento arquitectónico máis relevante da época é o [[Mosteiro do Escorial|Mosteiro de San LorenzoLourenzo deldo Escorial]], mandado erixir no reinado de Filipe II como símbolo da monarquía universal católica, que, co seu estilo renacentista pero austero debido ao deseño de [[Juan de Herrera]], quería representar o cume do [[Imperio Español]] no seu período de máximo esplendor.
 
Os pintores máis destacados do Século de Ouro poderían ser O Greco e Velázquez. O primeiro, activo a fins do século XVI, é recoñecido polas súas representacións relixiosas. O segundo está considerado como o máis importante dos artistas españois no terreo pictórico polos seus precisos e realistas retratos da corte contemporánea de Filipe IV. Ademais destas dúas figuras capitais, un nutrido grupo de pintores secundáronlles con similares méritos: [[Bartolomé Esteban Murillo]], [[Francisco de Zurbarán]] ou [[José de Ribera]] cóntanse entre os pintores de primeira fila que produciu esta época.
99.496

edicións