Abrir o menú principal

Cambios

m
Os pintores máis destacados do Século de Ouro poderían ser O Greco e Velázquez. O primeiro, activo a fins do século XVI, é recoñecido polas súas representacións relixiosas. O segundo está considerado como o máis importante dos artistas españois no terreo pictórico polos seus precisos e realistas retratos da corte contemporánea de Filipe IV. Ademais destas dúas figuras capitais, un nutrido grupo de pintores secundáronlles con similares méritos: [[Bartolomé Esteban Murillo]], [[Francisco de Zurbarán]] ou [[José de Ribera]] cóntanse entre os pintores de primeira fila que produciu esta época.
 
O Greco, formado na súa terra natal de Creta e posteriormente en Italia, onde admirou e aprendeu a arte de [[Michelangelo]], chega a España para cultivar un peculiar [[manierismo]] relacionado co espírito [[Ascetismo|ascético]] e [[Misticismo|místico]] da realidade española do reinado de [[Filipe II de España|Filipe II]] e coa prosa e o verso destas correntes na súa vertente literaria de frei [[Frei LuísLuis de León]], [[Teresa de Ávila|Santa Teresa de Xesús]] e [[San Xoán da Cruz]].
[[Ficheiro:Diego Rodríguez de Silva y Velázquez - Luis de Góngora y Argote - Google Art Project.jpg|miniatura|200px|Luís de Góngora, por [[Diego Velázquez|Velázquez]].]]
En canto a Velázquez, apréciase, ademais da súa pintura de corte, os de temas relixiosos, como ''[[O Cristo crucificado]]'', os de xénero mitolóxico, como ''[[A frágua de Vulcano]]'' ou ''[[O triunfo de Baco]]'' e ata se quixo ver nel a un precursor do impresionismo no tratamento da luz e a pincelada solta que reflicten os seus pequenos cadros da ''[[Vista do xardín da Vila Médicis, en Roma|Vila Médici]]''. Pero sen dúbida as súas obras mestras son ''[[As fiandeiras]]'', pintado cara ao final da súa traxectoria, e sobre todo ''[[As Meninas]]'', un cadro que produciu longas reflexións, como a que lle prodigou [[José Ortega y Gasset]].
99.638

edicións