SST Records: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 33:
A pesar dos seus problemas legais, SST continuou publicando discos de artistas como [[Minutemen (grupo musical)|Minutemen]], [[Saccharine Trust]] e [[Meat Puppets]]. En [[1982]] o grupo hardcore de [[Minneapolis]] [[Hüsker Dü]] converteuse na primeira banda do selo que non era da costa oeste.<ref>Azerrad, p. 171</ref> Tras a resolución do problema con Unicorn Records, SST publicou catro álbums de Black Flag en [[1984]]. Os múltiples traballos de Black Flag, xunto coa edición dos álbums duplos ''[[Zen Arcade]]'' e ''[[Double Nickels on the Dime]]'' de [[Hüsker Dü]] e Minutemen respectivamente, aumentaron os recursos do selo. Aínda que SST cría que ''Zen Arcade'' tería un éxito considerable no ''underground'', os lanzamentos dunhas 5.000 copias eran un territorio descoñecido para o selo, polo que cometeron o erro de ser demasiado cautos e non fabricar máis dese número de copias na edición inicial. Premiado coa aclamación da crítica en varios medios ''mainstream'', ''Zen Arcade'' esgotouse rapidamente e estivo descatalogado durante meses.<ref>Azerrad, p. 182-83</ref> Ginn decidiu recortar os custes de promoción dos álbums de Black Flag lanzándoos nunha sucesión rápida e tendo á banda de xira tras os lanzamentos.<ref>Azerrad, p. 44-45</ref>
 
Durante mediados dos anos 80 Hüsker Dü converteuse na estrela de SST. As súas fortes composicións e a súa música cada vez máis melódica foi unha peza clave na conexión entre o [[hardcore punk]] e o desenvolvemento do son do [[college rock]].<ref>Azerrad, p. 159</ref> A gravación e edición constante de discos da banda (que publicou tres álbums entre 1984 e 1985) traducíuse nun aumento dos ingresos do selo que lle permitiu aforrar cartos para pagar novos lanzamentos aos distribuidores.<ref>Azerrad, p. 184</ref> . Porén, a banda sentía que SST non prestaba a suficiente atención aos seus traballos.
 
== Notas ==