Agustín Fernández Paz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado referencia
Liña 36:
 
=== Mestre ===
Tres anos despois volveu a Galicia. Instalouse n[[a Coruña]] e matriculouse en Maxisterio. En 1974 comezou a traballar como mestre, iniciando así a etapa máis intensa da súa vida. Naqueles anos xuntouse con outros docentes nos chamados «movementos de renovación pedagóxica», que tiñan como obxectivo cambiar o mundo dende as aulas.<ref name="Carneiro, M. (2004)">{{cita novas|apelidos=Carneiro|nome=Montse|título="Queríamos cambiar o mundo desde as aulas, e algo fixemos"|url=http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2004/05/02/queriamos-cambiar-mundo-as-aulas-fixemos/0003_2643298.htm|dataacceso=21 de outubro de 2016|obra=[[La Voz de Galicia]]|data=2 de maio de 2004}}</ref> Estudou Ciencias da Educación e foi profesor de [[lingua galega]] no ensino primario e no secundario. Nesa mesma época, casou con Inmaculada Reino e naceu a súa filla, Mariña.
 
Como mestre e pedagogo, foi autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas. Ademais, entre [[1988]] e [[1990]] traballou para a [[Consellería de Educación e Ordenación Universitaria|Consellería de Educación]] como asesor para a reforma educativa e preparando deseños curriculares tanto de primaria como de secundaria, na área de lingua. De 1990 a [[1995]] traballou como Coordinador Docente de Galego. Dese traballo quedaron tamén numerosos libros de texto, como o pioneiro ''[[O noso galego]]'', dos primeiros anos oitenta.