Teatro de Epidauro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 13:
| Rexión = Europa
}}
O '''teatro de Epidauro''' (en [[Lingua grega antiga|grego antigo]] Ἐπίδαυρος  ''Epìdauros'', en grego moderno Επίδαυρος  ''Epìdavros)'' é un [[teatro]] antigo da  [[Argólida]], edificado no [[Século -IV|século IV]]  a.  C. para acoller as ''Asclepeia'', concurso en honra do deus médico [[Asclepio]].  Foi o  modelo de numerosos teatros gregos ao regularizar e perfeccionar a súa estrutura.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:TeatroEpidauro.jpg|dereita|miniatura|Teatro de Epidauro]]
A principios do [[Século -IV|século IV]] &nbsp;a. &nbsp;C., tiña lugar unha festa panhelénica cada catro anos en [[Epidauro]], no [[Asclepeion|santuario de Asclepio]], as ''Asclepeia'', que combinaban probas ximnásticas e musicais. A uns 500 m ao sueste do santuario, sobre un lugar que permitiu encostar o ''koilon'' (conxunto de bancadas) no flanco dun outeiro, o arquitecto e escultor [[Policleto o Mozo]] comezou os traballos para erguer o teatro cara ao [[-350|350]] &nbsp;a. &nbsp;C.<ref>{{Cita libro|título=Arte. Historia de la pintura, escultura y arquitectura|apelidos=Hartt|nome=Frederick|editorial=Akal|ano=1989|ISBN=978-84-7600-411-1|serie=Colección Arte y Estética|páxina=206|ref=}}</ref>
 
O teatro e o santuario houberon sufrir diversos avatares pois foron saqueados en [[267]] polos hérulos, e despois en [[395]] polos [[godos]] de [[Alarico I]]. Con todo, os estragos quedaron limitados. Até principios do [[século XIX]], o teatro considerábase desaparecido cando un viaxeiro inglés, W. Gell, revelou o plano das ruínas. Tamén este mítico lugar foi o sitio escolleito para proclamar a independencia de Grecia &nbsp;en [[1822]].
 
De todos os teatros antigos, o teatro de Epidauro é o mellor conservado, pois se atopaba ben conservado ao longo dos séculos por mor do [[Piñeiro|piñeiral]] co que estaba recuberto e que conseguiu que non fose destruído. Restáurase parcialmente en 1954 e, dende 1955, celébrase un festival anual que reanimou o teatro. Unha das actuacións máis lembradas celebrouse o 24 de de agosto de [[1960]] &nbsp;cando se representa a [[Opera lirica|ópera,]] &nbsp;''[[Norma (opera)|Norma]]'' &nbsp;de &nbsp;[[Vincenzo Bellini]] &nbsp;, con &nbsp;[[Maria Callas]] &nbsp;no papel principal. &nbsp;
 
O santuario de Epidauro -que inclúe o teatro, os templos de [[Artemisa]] e Asclepio, o [[Tholos]], o Enkoimeterion, os Propíleos, a sala de banquetes e os baños-, é un relevante exemplo da arquitectura helénica do século IV a.C., e dende 1988 está inscrito na Listaxe do Patrimonio Mundial da [[UNESCO]].<ref>{{Cita web|url=http://portal.unesco.org/es/ev.php-URL_ID=45692&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html|páxina-web=|título=Listaxe do Patrimonio Mundial da UNESCO|data-acceso=6-10-2016}}</ref>
Liña 34:
 
=== Espazo exterior ===
Sito na aba dunha montaña, tívo que erguerse un muro para evitar que a montaña se fendera. &nbsp;O &nbsp;teatro de Epidauro &nbsp;, ademais, conta con muros laterais de contención do terreo, necesarios polas súas grandes dimensións.
 
=== Elementos interiores &nbsp;===
; Tipo de planta
Circular, 120 m de diámetro. &nbsp;Divídese en tres partes: a orquestra (o núcleo ou parte central; &nbsp;a cávea, con forma de ferradura; &nbsp;e a escena, dividido en dúas partes, a escena (''skene —''de &nbsp;''[[Escenario|σκηνή]]—'' 'espazo escénico') propiamente dita, e o proscenio, que é onde actuaban os actores.
 
'''Partes'''
[[File:GriechTheater2.PNG|thumb|GriechTheater2|Reconstrución ideal dun teatro grego]]
 
Os teatros estaban formados basicamente por tres partes claramente diferenciadas: nun desnivel natural (''koilón'') de 24 metros do terreo situábase a [[cávea]], de 120 metros de diámetro, e que estaba dividida en dous niveis por un corredor medianeiro, ou ''[[diazomata]].'' &nbsp;A parte inferior do hemiciclo estaba dividida en 12 &nbsp;''cuneus'' &nbsp;con 34 ringleiras, mentres que na zona superior aparecen 22 &nbsp;''cuneus'' &nbsp;con 21 ringleiras observándose a relación da proporción áurea<ref name=":0">{{Cita libro|título=Tras los pasos de los dioses griegos|apelidos=Leveque|nome=Pierre|editorial=Akal|ano=2006|ISBN=978-84-460-2248-0|serie=Colección Universitaria|páxina=247-248|ref=}}</ref>. As dúas partes máis alonxadas da cávea sobrepasan o semicírculo e achéganse cara a escena. &nbsp;
 
O teatro estaba organizado arredor da ''orchestra,'' de 20 m de diámetro, era un círculo de terra batida sito entre a cávea e o o escenario, onde os membros do coro cantaban acompañados por frautas aquelas partes da &nbsp;[[Traxedia grega|traxedia]] &nbsp;ou &nbsp;da [[Comedia grega antiga|comedia]] &nbsp;que suscitaban comentarios, lamentos ou advertencias. &nbsp;No seu centro había unha pedra<ref name=":0" /> que marcaba o lugar onde, anteriormente, estaba o altar adicado a [[Dioniso]], pois os templos, orixinariamente, tiñan unha función relixiosa e celebrábanse ofrendas a este deus. A cávea &nbsp;rodeaba dúas terceiras partes da orquestra (superando o ángulo de 180º) e a parte restante estaba pechada polo que conformaba a escena. &nbsp;
 
En realidade, o teatro non tiña fachada propiamente dita e os actores entraban polos laterales, os ''párodos''. &nbsp;Tense afirmado que o edificio da escena estaba composta dun pórtico de [[orde xónica]] de 4 m de altura por 2 m de profundidade. &nbsp;Tamén se debate sobre se o [[proscenio]], ao que se accedía mediante dúas ramplas laterais, foi engadido con posterioridade. Nesta zona, habería unha estrutura de columnas xónicas sen frescos nin [[mosaico]]s. &nbsp;O escenario contiña un rudimentario mecanismo de panos para permitir o cambio dos actores ou dos decorados (''pinake''); &nbsp;este mecanismo, ao revés dos panos actuais, saía do chan e ocultábase a través dunhas aberturas practicadas no pavimento diante da propia escena.
 
Unha das principais vantaxes deste teatro, probablemente debido a un coidadoso cálculo do tamaño da escena e á curvatura da cávea, é que o son, amplificado pola perfecta [[Acústica arquitectónica|acústica]], permite escoitar os actores dende as bancadas máis elevadas. Estímase que este teatro puido chegar a ter unha capacidade de máis de 14.000 espectadores<ref>{{Cita libro|título=Historia mundial del Arte|apelidos=Honour|nome=Hugh|editorial=Akal|ano=2004|ISBN=978-84-460-2092-9|apelidos2=Fleming|nome2=John|serie=Colección Arte y Estética|páxina=158|ref=}}</ref> en total, o cal o converte nun dos teatros antigos máis grandes e con maior capacidade.