Hórreo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Cantigueiro: reorganizo
fusión Cerdedo-Cotobade
Liña 297:
Polo xeral as agrupacións invaden terreos comunais que antano tiveron un uso produtivo, logo desprazado, aproximando o espazo de almacenaxe do gran ao da palla e ao lugar no que se malla. Son lugares abertos, ben ventilados e de acceso doado. Nas agrupacións conviven hórreos de diferente tipo e non semella haber unha pauta no referente á orientación nin os materiais.
 
Entre as máis sobranceiras están as agrupacións de [[Combarro, Poio|Combarro]], de 30 hórreos de madeira, pedra e mixtos; a de [[Filgueira, Castro, Cerdedo-Cotobade|Filgueira]], con 15 hórreos mixtos recentemente restaurados; dúas no concello de [[Dodro]], unha con 20 hórreos mixtos e outra con 15 de pedra; a de [[Bornalle, Abelleira, Muros|Bornalle]], con 22 hórreos de pedra; a da [[A Merca|Merca]], con 33 hórreos de madeira e dous mixtos, restaurados recentemente. Agrupacións semellantes preséntanse tamén en Portugal.
 
No lugar de [[Vivenzo, Quins, Melón|Vivenzo]] atópase unha orixinal agrupación de dez hórreos de corres, que antano chegaron a ser quince. Teñen cámara troncocónica invertida sobre unha lousa asentada sobre pés de granito.