Diferenzas entre revisións de «SST Records»

SST lanzou o EP de estrea de [[Minutemen (grupo musical)|Minutemen]], ''[[Paranoid Time]]'', como a súa segunda edición e 1980. As cancións graváronse e mesturáronse nunha noite por 300 dólares. Encarando a hostilidade cara o hardcore punk, os grupos de SST como Black Flag e Minutemen tocaron onde puideron, principalmente festas en casas particulares e en sótanos. Black Flag comezou a viaxar pola costa californiana para tocar no Mabuhay Gardens de [[San Francisco]], facendo sete viaxen en total ata alí. O produtor da SST, [[Spot]], acompañounos como técnico de son e ''mánager'' de xira, un traballo que faría durante varios anos, ademais de axudar a gravar gran parte da música do selo.
 
SST vendeu as súas edicións a pequenos distribuidores a un prezo deliberadamente baixo; porén, xa que os distribuidores normalmente vendían discos de importación, as gravacións normalmente acabaan en tendas especializadas onde se vendían a prezos altos. Ginn decidiu publicar o primeiro álbum de Black Flag, ''[[Damaged]]'' ([[1981]]), a través dun gran distribuidor. SST chegou a un acordo con [[MCA Records]] para co-editar ''Damaged'' a través de [[Unicorn Records]], un pequeno selo distribuído por MCA. Xusto antes ao lanzamento do disco, MCA decidíudecidiu non facelo, citando a súa temática "anti-pais". SST demandou a Unicorn alegando que o selo non pagara os dereitos e os gastos do álbum. Unicorn respostu con outra demanda e obtivo unha medida cautear que impedía a Black Flag editar máis material ata que o case se resolvese. Cando SST lanzou o recompilatorio da banda ''[[Everything Went Black]]'', Unicorn demandou a SST en xullo de [[1983]]. Ginn e o baixista de Black Flag, [[Chuck Dukowski]] (que se convertera en co-propietario de SST) foron acusados de incumplir a medida cautelar e foron enviados á prisión do condado de Los Angeles cinco días. Posteriormente nese mesmo ano Unicorn entrou en bancarrota e Black Flag puido editar discos novamente.
 
=== Expansión e diversificación ===
A pesar dos seus problemas legais, SST continuou publicando discos de artistas como [[Minutemen (grupo musical)|Minutemen]], [[Saccharine Trust]] e [[Meat Puppets]]. En [[1982]] o grupo hardcore de [[Minneapolis]] [[Hüsker Dü]] converteuse na primeira banda do selo que non era da costa oeste. Tras a resolución do problema con Unicorn Records, SST publicou catro álbums de Black Flag en [[1984]].
 
== Véxase tamén ==
61.437

edicións