Os Cempés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Liña 19:
O grupo iniciou a súa historia en 1992, debutando nun concerto benéfico en [[Cedeira]]. A primeira formación estaba composta por Ócar Fernández, Carlos Zaera, Antón Varela, Beto Niebla, Pablo Ces e Serxio Ces. Da formación orixinal o gaiteiro Carlos Zaera morreu nun accidente de tráfico o 17 de marzo en 1995 antes de poder ver o resultado das primeiras gravacións.
 
''Opaiii!'' foi o título escollido para o primeiro traballo, que foi gravado en varios locais galegos, conforme o grupo ía facendo concertos, e que reflicte a intención do grupo por facer música popular. O disco tivo escaso éxito en Galicia, inda que non en circuítos europeos. Conforme o grupo evolucionou, foi cobrando máis protagonismo instrumentos como a [[zanfona]], o [[acordeón]] e os [[saxo]], así como aumentando tamén a presenza das pezas cantadas, compostas en base a coplas tradicionais e outras de autoría propia. A pesarespesar deses cambios, a raizame popular do grupo segue a reflectirse tanto nas pezas escollidas ([[rumba]]s, [[pasodobre]]s, [[fox-trot]]) como nas melodías doadas.
 
Un dos aspectos importantes da formación foron os seus directos, de eminente carácter festeiro. De feito o último disco foi ''Moe a moa'', un directo gravado en [[Vigo]]. O [[11 de outubro]] de [[2007]], durante a gala dos VI Premios Opinión de Música Folk, o grupo fixo a última actuación para despois desfacerse oficialmente.