Andrónico I Comneno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12:
Sen recuperar o favor imperial, Andrónico decidiu fuxir á corte de [[Raimundo de Antioquía|Raimundo]], [[Principado de Antioquía|príncipe de Antioquía]]. Mentres residía nesta cidade, cativou e seduciu a Filipa, filla do príncipe e irmá da emperatriz [[María de Antioquía|María]]. O emperador volveu a enfurecerse por esta deshonra e Andrónico viuse obrigado a fuxir de novo.
 
Refuxiouse na o corte de [[Amalarico I de Xerusalén]], cuxo favor se gañou ata o punto de que este lle concedeu o [[Principado de Galilea|señorío de Beirut]]. En Xerusalén coñeceu a Teodora, a viúva do rei [[Balduíno III de Xerusalén|Balduíno III]] e sobriña do emperador Manuel, que foi a seguinte vítima da súa sedución. Para evitar a vinganza do emperador, Teodora fuxiu con Andrónico á corte do sultán de [[Damasco]]; pero ao non atoparse alí a salvo, seguiron o seu periplo cara a [[Persia]] e [[Turquestán]], ao redor do [[mar Caspio]] e a través do [[Cáucaso]], ata chegar ás terras patrimoniais dos Comneno en [[Oinaion]], na costa do [[mar Negro]], entre [[Trebisonda]] e [[SínopeSinope]].
 
Aproveitando que Andrónico non estaba no seu castelo, o gobernador de Trebisonda capturou a Teodora e os seus dous fillos, e enviounos a Constantinopla. Para conseguir a súa liberación, Andrónico tivo que facer un acto de submisión ao emperador e, mostrándose encadeado ante el, implorarlle perdón. Obtívoo e puido retirarse ao exilio en Oinaion con Teodora.