Diferenzas entre revisións de «SST Records»

m
Greg Ginn creou Solid State Tuners (SST) cando tiña 12 anos. SST era un negocio de podidos por correo que vendía equipos de radio da [[Segunda Guerra Mundial]] modificados. A empresa era pequena pero prosperou durante os seus primeiros anos.
 
En [[1976]] Ginn formou a banda de [[punk rock]] Panic. Panic gavou oito cancións en xaneiro de [[1978]], pero ningún selo se interesou en editar ese material agás a discográfica de [[Los Angeles]] [[Bomp! Records]]. Cara finais de ano Bomp aínda non accedera formalmente a pubicar a súa música nun disco, polo que Ginn decidiu que tiña a suficiente experiencia nos negocios con SST como para publicalo el mesmo. SST Records editou a música gravada pola banda de Ginn (agora chamada [[Black Flag]]) como o EP ''[[Nervous Breakdown]]'' en xaneiro de [[1979]].
 
Moitos dos primeiros concertos de Black Flag remataban con violencia, a miúdo coa aparición da policía de Los Angeles. Como resultado disto, a policíu intervíu os teléfonos do selo e mantivo a oficina de SST baixo vixilancia. Ginn afirma que policías de incógnito disfrazados como xente sen fogar sentábanse preto da porta de SST. A banda foi incapaz de contratar un avogado debido á falta de cartos.
 
== Véxase tamén ==
62.344

edicións