Ponte de Alcántara: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Traducido e ampliado.
Liña 3:
== Descrición ==
[[Ficheiro:Arco_del_Triunfo.jpg|esquerda|miniatura|Arco de Traxano na ponte de Alcántara.]]
Ao contrario que a maioría das pontes romanas, non ten un perfil curvado, máis alto no centro e máis baixo nas beiras, senón horizontal cunha lonxitude de 194m. A altura dende o fondo do río até o pavimento é de 47m<ref name=":0">{{Cita libro|título=El puente de Alcántara en su contexto histórico: discurso de ingreso|apelidos=Blanco Freijeiro,|nome=Antonio|editorial=Real Academia de la Historia|ano=1977|ISBN=84-600-0724-3|apelidos2=Angulo Íñiguez|nome2=Diego|páxina=30|ref=}}</ref>. Consta de seis [[Arco (arquitectura)|arcos]] de alturas variables, tendo os dous centrais -o terceiro e o cuarto- que son os máis maiores, unha altura de 27,35m e 28,6m<ref name=":0" />. descansan sobre cinco piares, igualmente, de diferentes alturas sobre un terreo con predominio de lousa.&nbsp;Os piares teñen unha base con estrutura pentagonal e presentan na fronte unha cuña para cortar a forza da auga. A ponte está composta por [[Perpiaño|perpiaños]] en almofada de rocha [[Granito|granítica]] de entre 45 e 55&nbsp;cm, sen argamasa e ''opus quadratum''.
 
Na parte central da ponte, existe un fornelo conmemorativo cun arco de triunfo superior de máis de 10&nbsp;m de altura, denominado de [[Traxano|Traxano.]] En ámbolos dous lados aparecen placas de mármore: nunha amósase a data de construción; e a outra, contén unha inscrición que indica que foi construída en honra do emperador romano [[Traxano]], nado en [[Hispania|Hispania.]] Esta última, di o seguinte:
Liña 27:
En 1707 durante a [[Guerra de Sucesión Española|Guerra de Sucesión]] destrúese o arco de entrada de poñente e non será até 1778 cando&nbsp;[[Carlos III de España|Carlos III]]&nbsp;ordene a súa &nbsp;restauración. O segundo arco da ponte foi destruído en 1809 durante a [[Guerra da Independencia española|Guerra da Independencia]] contra as tropas napoleónicas e até 1818 non se substitúe este arco por unha estrutura de madeira para o paso de carruaxes pero, de novo,será incendiado en 1836 polas [[Guerras Carlistas|tropas isabelinas]] para impedir o paso dos [[Guerras Carlistas|carlistas]], que mandados por Miguel Gómez Damas, invadiran a provincia.
[[Ficheiro:Alcántara,_puente_romano,_J._Laurent_y_Cia._Madrid.jpg|dereita|miniatura|A Ponte de Alcántara nunha fotografía tomada cara a 1870 por J. Laurent.]]
Foi novamente reconstruída, en 1860, por [[Isabel II de España|Isabel]] II. Nesta última restauración do [[século XIX]] tapáronse as xuntas das pedras e engadiuse unha placa cunha inscrición que di:---{{cita|''Elisabeth Borbonia Hispaniarium regina, norbensem potem antiquae provinciae lusitaniae, opus iterum bello interruptum, temporis vetustate pene prolapsum restituit aditum utrimque amplificavit, viam latam ad vaccaeos fieri iussit anno domine MDCCCLIX''.}}
 
En setembro de [[1969]], para construír o encoro de Alcántara, cuxa presa se atopa 600 metros augas arriba da ponte e cuxa capacidade é de 3137 hectómetros cúbicos, desviouse o caudal do río a través duns túneles e o leito do río, augas abaixo, quedou completamente seco en varios quilómetros. Observouse entón que unha das pilas estaba descalzándose, polo que se procedeu á súa reparación. A ponte romana quedou por primeira vez na súa historia sen río.