Orfeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Life of Orpheus Greek Mythology (Extra Details).svg
corrixo lingua
Liña 5:
[[File:Life of Orpheus Greek Mythology (Extra Details).svg|thumb|right|200px|Orfeo]]
== Orfeo e Eurídice ==
Un día, cando [[Eurídice]] paseaba cerca de [[Tempe]], no val do [[río Peneo]], atopouse con [[Aristeo]], quen tratou de forzala. Na súa fuxida pisou unha serpe e morreu a consecuencia da mordedura. Despois de chorala moito, Orfeo descendeu valentemente ao [[Tártaro (mitoloxía)|Tártaro]] esperando recuperala e levala de volta. Utilizou o pasadizo que se abre en [[Aorno]], en [[Tesprótide]], e a súa chegada no só encantou ao barqueiro [[Caronte (mitoloxía)|Caronte]], ao [[Cancan CerberoCérbero]] e a os tres xuíces dos mortos coa súa melancólica música, se non que conseguiu que se suspendesen temporalmente as torturas dos condenados.
 
Deste modo amoleceu o duro corazón, e díxolles que o motivo da súa viaxe era a súa esposa, a cal morrera a causa da mordedura dunha víbora que lle roubara os seus prometedores anos. El suplicoulles que deixasen marchar a Eurídice, se non quedarían coa súa vida tamén. Estes concedéronlle a su petición cunha única condición: que Orfeo non mirara atrás ata que ela estivese a salvo baixo a luz do [[Sol]]. Eurídice seguiu a Orfeo polo escuro pasadizo guiada polos sons da súa lira, pero cando chegaron a onde xa había luz solar el volveuse para comprobar se ela o seguía, e entón perdeuna para sempre.