Mestre Mateu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4069421 de 193.144.37.44 (conversa)
Liña 37:
Entre [[1168]] e [[1211]] o mestre e o seu obradoiro levantaron os tres tramos finais das naves maiores da catedral compostelá, os seis derradeiros tramos das tribunas e crearon todo o frontis occidental do edificio: a cripta, o [[Pórtico da Gloria]], a súa tribuna, a fachada -desaparecida- e as dúas torres que a flanqueaban e que, en boa medida, aínda seguen en pé.
 
En [[1200]] Mateo, próximo aos sesenta anos, é posíbel que dirixese as obras do coro pétreo que construíu o seu obradoiro para os cóengos, situándoo na nave central da basílica, compartimentar o seu espazo e conformando un espazo independente, aínda que cunha significación simbólica de carácter apocalíptico que reforzaba a propia mensaxe alegórica do Pórtico da Gloria, CONA NEGRA en boa medida inspirado pola Apocalipse de [[Xoán o Bautista|San Xoán o Bautista]], irmán de [[Santiago o Maior|Santiago o Maior]].
 
Para lograr o supremo obxectivo de concluír a basílica apostólica de Occidente, o mestre Mateo gozou de abondosos medios humanos e técnicos derivados da rica tradición artística compostelá, procedente en boa medida dos obradoiros catedralicios, activos dende [[1075]] e de gran creatividade nos inicios do século XII. Algúns dos artífices que deron vida ao Pórtico -posibelmente el tamén- serían fillos, netos, bisnetos ou tataranetos dos canteiros e escultores que traballaron ás ordes dos mestres [[Bernaldino o Vello|Bernaldino o Vello]] e [[Mestre Estevo|Estevo]]. Mateo formouse, sen a menor dúbida, en tan fecunda tradición, aínda que soubo transcendela, achegando ao rico matraz compostelán as innovacións e matices que revelan a súa obra e o seu legado.