Diferenzas entre revisións de «Guerra civil rusa»

http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=parte
(http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=parte)
A presenza das forzas bolxeviques en Siberia era escasa, en parte pola menor confrontación social na zona. As tensións entre os grandes propietarios rurais e os arrendadores era menor ca noutras zonas de Rusia e o número de traballadores industriais era pequeno.Politicamente dominaban os socialrevolucionarios e nas cidades os antigos conservadores mantiñan o poder. A postura antibolxevique da [[Lexión checa]] acabou por eliminar case completamente o poder vermello en Siberia, o tomar baixo o seu control O [[ferrocarril transiberiano]]. Os checos tomaron [[Ekaterinenburg]], o centro administrativo dos comunistas na zona, o 25 de xuño de 1918 despois dunha semana de sitio, obrigando as tropas do Exército Vermello a retirarse cara ó oeste. Dous días despois foi constituído un goberno provisional en [[Omsk]] dirixido por [[Piotr Vassilievich Vologodski]] e formado por rexionalistas e socialrevolucionarios.
 
O movemento anticomunista apoiábase, aparteá parte de nos intelectuais urbanos e nas forzas estranxeiras, nos cosacos de Siberia e nuns 8000 antigos oficiais tsaristas residentes na zona. Estes, partidarios dunha Rusia unida rexeitaban por igual as ideas dos rexionalistas e as de cambio social dos socialrevolucionarios. Os militares conservadores aproveitaron a debilidade do goberno provisional para daren un golpe de estado incruento o 17 de novembro de 1918 que acabou coa fase parlamentario da resistencia anticomunista. O almirante [[Kolchak]] substituíu o goberno por unha ditadura militar, estableceuse coma dirixente máximo do movemento dos Brancos en toda Rusia e marcou o desenvolvemento das operación militares nos anos a seguir. Kolchak marcou como obxectivo do seu goberno a derrota dos comunistas e o restablecemento da orde social, pero renunciando especificamente a permitir a política de partidos, o que se demostraría coma un dos grandes erros do movemento antibolxevique. Os meses a seguir marcaron o estancamento das operación militares dos dous bandos, que se preparaban para o ano seguinte.
 
=== Intervención da Entente ===
7.964

edicións