Hammurabi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=parte
Liña 7:
Hammurabi expandiu o dominio de Babilonia primeiro conquistando cidades cara o Sur, antes de que a conquista se estendese ata cubrir a maior parte de Mesopotamia. As súas conquistas foron tardías nesta zona, e quizais ocasionadas pola caída do imperio de [[Shamshi-Adad I]]. Cóidase que Hammurabi está relacionado co aumento e mellora da irrigación en Babilonia. Converteu ademais a capital nun verdadeiro centro do mundo antigo.
 
Cos sucesores de Hamurabi, aparteá parte de sufrir o efecto de crises económicas que o debilitarían, o Imperio babilónico sería derrubado debido á presión militar dos [[hititas]], dirixidos polo seu rei [[Mursilis I]]. Porén foron os [[casitas]], conducidos polo seu rei [[Agumkakrine]], quen gobernarían Babilonia. Aínda que houbo cidades que se mostraron rebeldes, os casitas gobernaron durante 400 anos e respectaron o [[Código de Hammurabi]].
 
== O Lexislador ==
Liña 13:
 
A fama de Hammurabi alicerza en boa medida no seu Código. As leis foran gravadas en [[estela]]s de pedra, que eran colocadas en prazas públicas para que puidesen ser lidas. Fronte á antiga [[lei consuetudinaria]], suxeita ao arbitrio da memoria, a lei quedaba fixada "eternamente". Cumpríase por outra banda un dos principios modernos legais: a publicidade da lei. Aínda a lei tiña un carácter sagrado, pois Hammurabi mesmo era non só rei, senón tamén un deus, independentemente de que o seu deus celeste persoal fose [[Marduk]], aínda que o Código foi decretado so a protección do deus [[Shamash]]. Aínda que as penas son crueis, a fin seguramente de salvagardar a orde estabelecida, pretendíase fixar un principio de proporción consonte o delito.
A estela de Hammurabi maismáis famosa é do Louvre, colocada inicialmente no templo do deus Shamash na cidade de Sippar, foi levada á Susa como botín de guerra polos elamitas no século XII sendo atopada por arqueólogos franceses en 1901. Tallada en basalto e logo puída, cunha altura de 2,25 metros, na súa parte superior amósase a Hammurabi de pé ante o deus Shamash (sentado nun trono cos emblemas divinos), o resto da estela atópase cuberto de texto cuneiforme de forma moi artística e disposto ao modo arcaizante en columnas verticais.
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===