Mausolo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=parte
Liña 14:
 
== Rebelde intelixente ==
Sexa cal for a razón, a verdade é que Mausolo uniuse ao que se chamou como a [[Revolta dos Sátrapas]], unha serie de rebelións que nunca chegaron a ameazar seriamente a estabilidade do imperio. Nun ou outro momento, aparteá parte de Ariobarzanes e Mausolo, [[Datames]] de [[Capadocia]], [[Orontes I]] de [[Armenia]] e o mesmo Autofradates uníronse á rebelión, recibindo ata apoio dos [[faraón]]s [[Nectanebo I]], [[Teos]] e [[Nectanebo II]].
 
Pouco despois do [[-360|360 a.C.]] restableceuse a orde, e cando [[Artaxerxes III]] sucedeu ao seu pai na primavera do [[-358|358 a.C.]], nada tiña que temer xa dos sátrapas. Escolleu ignorar o comportamento de Mausolo, que pasara intelixentemente de ser dos últimos a unirse á rebelión (conquistando parte de Lida, [[Xonia]] e illas veciñas) aos primeiros en cambiar de novo de bando traizoando aos seus aliados (polo cal foi recompensado coa anexión de parte de [[Licia]]). E a pesar de que Mausolo tivo que aceptar a presenza dunha guarnición persa en Halicarnaso, actuou máis ou menos como gobernador independente, razón pola cal chámaselle rei nalgunhas fontes. De feito actuou coma se o fóse selando tratados con cidades como [[Cnossos]] e nomeando a carianos para posicións que ata ese momento foran ocupadas por persas.