Francisco Álvarez de Nóvoa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Liña 8:
En 1909 marchou a [[Lisboa]] onde abriu un estudio de fotografía que trasladou, en 1910, a [[Río de Janeiro]], onde participou na vida social e na actividade xornalística da comunidade galega. En [[Buenos Aires]] fundou con [[Fortunato Cruces]] ''[[La Voz de Galicia (Buenos Aires)|La Voz de Galicia]]'' (1913) e en 1915 volveu a Ourense e iniciou a súa segunda etapa xornalística dirixindo ''[[El Miño (Ourense)|El Miño]]'', ''[[La Voz Pública]]'' e ''[[El Diario de Orense]]''.
 
A partir de 1925 abandonou a actividade relacionada coa literatura e co xornalismo debido ao veto que lle impuxo a [[Ditadura de Primo de Rivera]] ao facerlle escoller entre o seu posto de funcionario da [[Deputación de Ourense|Deputación]] e a práctica xornalística.
 
En 1906 foi elixido membro correspondente da [[Real Academia Galega]].