Fernando de Magalhães: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
corrixo lingua
Liña 60:
|}
|}
Baixo o mando de [[Juan Sebastián Elcano]], decidiron queimar a nave ''Concepción'', visto o pequeno número de homes para gobernala, e finalmente conseguiron chegar ás Molucas. ''Trinidad'' acabou alialí permanecendo para reparacións e a ''Victoria'' volveu soa para España, contornando o [[Océano Índico|Índico]] polo sur, co fin de non encontrar navíos portugueses. A ''Trinidad'', após as reparacións, tentou seguir unha ruta polo Pacífico até a América Central, onde podería contactar cos españois e levar a súa carga, pero acabou tendo de retornar ás Molucas onde seus tripulantes foron aprisionados polos portugueses que chegaran. A nau ''Victoria''" dobrou o [[Cabo de Boa Esperanza]] en [[1522]], fixo escala en [[Cabo Verde]], onde algúns homes foron detidos polos portugueses, alcanzando finalmente o porto de [[Sanlúcar de Barrameda]], soamente con 18 homes na tripulación.
 
Unha única nave completara a circunnavegación do globo ao alcanzar Sevilla o 6 de setembro de 1522. [[Juan Sebastián Elcano]] e o resto da tripulación da expedición de Magalhães e o último [[navío]] da frota, ''Victoria'', regresaron a España transcorridos practicamente tres anos desde a partida. A expedición de feito trouxo poucos beneficios financeiros, non conseguindo a tripulación recibir o pagamento.