Emiliano Iglesias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Cursou estudos de bacharelato en [[Pontevedra]]. Liderou a xuventude federal desa cidade e en 1894 era membro do Partido Republicano Federal. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago, exerceu un tempo de avogado en Pontevedra onde foi director do periódico ''[[La Unión Republicana]]''. En 1904 o Partido Republicano de Pontevedra organizou un mitin, no Teatro Circo, no que falou [[Alejandro Lerroux]], de xira por Galiza. O acto foi convocado a través dun manifesto asinado por [[Joaquín Poza Cobas]], en nome de ''[[El Grito del Pueblo]]'', Emiliano Iglesias, pola Juventud Republicana, [[Sebastián Maquieira]], polo Casino Republicano, e outros. Lerroux levouselevou a Emiliano Iglesias a Barcelona.
 
Con [[Alejandro Lerroux]] fundou en Barcelona o [[Partido Republicano Radical]], do que foi destacado dirixente. Desde [[1906]] dirixiu o xornal ''[[El Progreso (Barcelona)|El Progreso]]''. Desde o xornal defendeu a [[Francesc Ferrer i Guàrdia]] cando foi implicado no atentado de [[Mateu Morral i Roca]] contra [[Afonso XIII]] e atacou a [[Solidaritat Catalana]]. Tamén foi presidente do Ateneo de Concentración Republicana Radical do VI Distrito de Barcelona. Cando Lerroux marchou ao exilio en Francia en 1908, converteuse no líder do Partido Radical no interior. En 1909 foi elixido concelleiro en Barcelona, onde foi acusado de irregularidades administrativas.