Glenn Branca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 30:
A principios dos 80 realizou varias composicións para conxuntos de guitarras eléctricas, como ''The Ascension'' ([[1981]]) e ''Indeterminate Activity of Resultant Masses'' ([[1981]]). Pouco despois comezou a compoñer sinfonías para orquestras de guitarras eléctricas e percusión, que mesturaban cacofonía ''droning'' industrial e microtonalidade cunhas case místicas e avanzadas matemáticas. Comezando coa Sinfonía No. 3 ("Gloria") (1983), empezou a compoñer sistematicamente para as series harmónicas. Neste proxecto, Branca esto inicialmente influenciado polos escritos de [[Dane Rudhyar]], [[Hermann von Helmholtz]], e [[Harry Partch]]. Tamén construíu varios instrumentos amplificados electricamente da súa propia invención, expandindo o seu conxunto máis aló da guitarra. Un feixe deses instrumentos eran [[cítara]]s de tres pontes que bautizou como "mallet guitars" (guitarras de mazo), porque eran instrumentos de percusión tocados con baquetas, e cimbalóns eléctricos monotón cunha terceira ponte adicional en posicións resoantes. Entre os primeiros membros do seu grupo estaban [[Thurston Moore]] e [[Lee Ranaldo]] de [[Sonic Youth]], Page Hamilton de [[Helmet]] e varios membros de [[Swans]] como Michael Gira e Dan Braun.
 
=== Dos 90 ata ao actualidadepresente ===
A principios dos 90, David Baratier intentou documentar o estilo de ensinanza de Branca en ''They Walked in Line''. En setembro de [[1996]], The Glenn Branca Ensemble tocou na cerimonia de apertura do ''Aarhus Festival'' en [[Dinamarca]]. A cerimonia tivo lugar na ópera Musikhuset, e entre a audiencia estaba a raíña de [[Dinamarca]] e o alcalde de [[Aarhus]] entre outras personalidades. Despois de recibir máis de 25 grandes encargos dende [1981]] a música de Branca comezou finalmente a ser recoñecida entre os académicos. Algúns estudosos, entre os que destaca Kyle Gann, considérano (xunto con Rhys Chatham) como membro da nova corrente do post-minimalismo, a escola totalista.