Abrir o menú principal

Cambios

m
== Un emperador e un rei (1521-1556) ==
[[Ficheiro:Habsburg Map 1547.jpg|miniatura|dereita|450px|Un mapa dos dominios dos Habsburgo logo da [[Batalla de Mühlberg]] (1547) como se mostra en ''The Cambridge Modern History Atlas'' (1912); as terras dos Habsburgo están pintadas en verde.]]
A vitoria de Carlos na [[batalla de Pavía]] en [[1525]], sorprendeu a moitos [[italia]]nos e [[Alemaña|alemáns]] e suscitou preocupacións de que Carlos se esforzaría por gañar aínda máis poder. O [[papa]] [[Clemente VII, papa|Clemente VII]] cambiou de bando e uniuse a [[Francia]] e a importantes estados italianos contra o [[Lista de emperadores do Sacro Imperio Romano|emperador]] [[Casa de Habsburgo|Habsburgo]] na [[guerra da Liga de Cognac]]. En [[1527]], debido á incapacidade de Carlos de pagar suficientemente aos seus exércitos no norte de Italia, estes amotináronse e [[saqueo de Roma|saquearon Roma]] polo botín, forzando o Papa Clemente, e aos sucesivos papas, a ser considerablemente máis prudentes nos seus tratos coas autoridades seculares: en [[1533]], o rexeitamento de Clemente a anular o matrimonio de [[Henrique VIII de Inglaterra]] con [[CatalinaCatarina de Aragón]] (tía de Carlos) foi unha consecuencia directa do seu desexo de non ofender ao emperador e ter quizais a súa capital saqueada unha segunda vez. A [[paz de Barcelona]], asinada entre Carlos e o Papa en [[1529]], estableceu unha relación máis cordial entre ambos os líderes. De feito, o Papa nomeou a España como o protector da causa Católica e recoñeceu a Carlos como rei de [[Lombardía]] a cambio da intervención española para derrocar á rebelde [[República de Florencia|República florentina]].
 
En [[1543]], [[Francisco I de Francia|Francisco I]], rei de Francia, anunciou a súa alianza sen precedentes co [[sultán]] [[Imperio Otomán|otomán]], [[Suleiman Kanuni|Solimán o Magnífico]], ocupando a cidade de [[Niza]], controlada por España, en cooperación coas forzas turcas. Henrique VIII de Inglaterra, que gardaba maior rancor contra Francia que o que tiña contra o emperador por resistirse no camiño ao seu divorcio, uniuse a Carlos na súa invasión de Francia. Aínda que o exército español foi completamente derrotado na [[batalla de Cerisoles]], en [[Savoia (rexión histórica)|Savoia]], a Henrique foille mellor, e Francia foi forzada a aceptar os termos. Os [[Austria|austríacos]], liderados polo irmán menor de Carlos, [[Fernando I de Habsburgo|Fernando]], continuaron loitando contra os otománs no leste. Con Francia vencida, Carlos puido ocuparse dun problema máis antigo: a [[Liga de Esmalcalda]].
99.641

edicións