Traquea (vertebrados): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Diagrama de los pulmones.svg|miniatura|dereita|Aparato respiratorio. O número 1 é a traquea.]]
[[Ficheiro:Gray961.png|miniatura|dereita|Larinxe, traquea e árbore bronquial.]]
Nos [[vertebrado]]s [[tetrápodo]]s a '''traquea''' (do [[Lingua grega|grego]] ''tracheia artería'' 'áspero tubo, canle'<ref>Enciclopedia Galega Universal. Tomo 16. Páxina 143. ISBN 84-7680-583-7</ref>) é o tubo [[cartilaxe|cartilaxinoso]] e membranoso que leva o aire aos pulmóns. No ser humano a traquea vai desde a [[larinxe]] ata o comezo dos dous bronquios principais que entran nos pulmóns. EstáAtópase anterior ao esófago e está reforzada rixidamente por 16 a 20 aneis cartilaxinosos en forma de C e tapizada por [[epitelio]] ciliado.
 
== A traquea humana ==
A '''traquea''' humana é un órgano tubular que ten de 10 a 16&nbsp;cm de lonxitude e uns 252,5&nbsp;mmcm de diámetro interno. Comeza no bordo inferior da cartilaxe [[cricoide]] da [[larinxe]] a nivel da sexta vértebra cervical, descende por diante do [[esófago]], que a separa da [[columna vertebral]], e remata bifurcándose nos dous bronquios principais a nivel da 5ª vértebra torácica, pero os movementos respiratorios poden facela subir ou baixar ata dúas vértebras. Na zona do pescozo está cuberta por parte da fascia cervical profunda, polos músculos [[esternohioide]] e [[esternotiroide]] e a [[tiroide]]. Na súa zona final onde se empezan a bifurcar os bronquios, a traquea contacta co caxato da [[aorta]] <ref>G. J. Romanes. Cunninham Tratado de Anatomía. Interamericana-Mc Graw Hill. 12ª edición. Páxinas 538-539. ISBN 84-7605-359-2.</ref>.
 
A traquea está reforzada por de 15 a 20 aneis cartilaxinosos duros, que impiden o seu colapso. Estes aneis son incompletos, xa que teñen forma de C, coa parte incompleta na zona posterior, o que facilita o paso do alimento polo esófago, e presenta unha parede membranosa dorsal (''pars membranacea'') sen cartilaxe. O músculo traqueal conecta os extremos dos aneis incompletos e contráese ao [[Tose|tusir]], reducindo o diámetro do tubo e incrementando o grao de fluxo de aire. Na súa parte máis interna está tapizada por un epitelio ciliado cuberto de [[moco]], que elimina as partículas estrañas de pequeno tamaño que son inhaladas. A [[epiglote]] tapa a [[larinxe]] ao tragar para que non entre alimento ou bebida na traquea.