Traquea (vertebrados): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-esternotiroideo +esternotiroide)
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Diagrama de los pulmones.svg|miniatura|dereita|Aparato respiratorio. O número 1 é a traquea.]]
[[Ficheiro:Gray961.png|miniatura|dereita|Larinxe, traquea e árbore bronquial.]]
Nos [[vertebrado]]s [[tetrápodo]]s a '''traquea''' (do [[Lingua grega|grego]] ''tracheia artería'', "'áspero tubo ou, canle" '<ref>Enciclopedia Galega Universal. Tomo 16. Páxina 143. ISBN 84-7680-583-7</ref>) é o tubo [[cartilaxe|cartilaxinoso]] e membranoso que leva o aire aos pulmóns. No ser humano a traquea vai desde a [[larinxe]] ata o comezo dos dous bronquios principais que entran nos pulmóns. Está reforzada por aneis cartilaxinosos e tapizada por [[epitelio]] ciliado.
 
== A traquea humana ==
A '''traquea''' humana é un órgano tubular que ten de 10 a 16&nbsp;cm de lonxitude e uns 25&nbsp;mm de diámetro interno. Comeza no bordo inferior da cartilaxe [[cricoide]] da [[larinxe]] a nivel da sexta vértebra cervical, descende por diante do [[esófago]], que a separa da [[columna vertebral]], e remata bifurcándose nos dous bronquios principais a nivel da 5ª vértebra torácica, pero os movementos respiratorios poden facela subir ou baixar ata dúas vértebras. Na zona do pescozo está cuberta por parte da fascia cervical profunda, polos músculos [[esternohioide]] e [[esternotiroide]] e a [[tiroide]]. Na súa zona final onde se empezan a bifurcar os bronquios, a traquea contacta co caxato da [[aorta]] <ref>G. J. Romanes. Cunninham Tratado de Anatomía. Interamericana-Mc Graw Hill. 12ª edición. Páxinas 538-539. ISBN 84-7605-359-2.</ref>.
 
A traquea está reforzada por de 15 a 20 aneis cartilaxinosos duros, que impiden o seu colapso. Estes aneis son incompletos, xa que teñen forma de C, coa parte incompleta na zona posterior, o que facilita o paso do alimento polo esófago, e presenta unha parede membranosa dorsal (''pars membranacea'') sen cartilaxe. O músculo traqueal conecta os extremos dos aneis incompletos e contráese ao [[Tose|tusir]], reducindo o diámetro do tubo e incrementando o grao de fluxo de aire. Na súa parte máis interna está tapizada por un epitelio ciliado cuberto de [[moco]], que elimina as partículas estrañas de pequeno tamaño que son inhaladas. A [[epiglote]] tapa a [[larinxe]] ao tragar para que non entre alimento ou bebida na traquea.
 
=== Histoloxía ===
Liña 21:
O procedemento médico habitual en caso de obstrución é a [[intubación endotraqueal]]. A intubación consiste en introducir un tubo ou sonda na traquea do paciente a través das vías respiratorias altas. Dependendo da vía de acceso que escollamos, temos dous tipos de intubación:
 
* Naso-traquealNasotraqueal: a través das [[fosas nasais]]. Adoita utilizarse en intubacións programadas ([[anestesia]], [[dificultade respiratoria]] en aumento...).
* Oro-traquealOrotraqueal: a través da boca. Adoita facerse en intubacións dificultosas ou de urxencia ([[reanimación cardiopulmonar]]), xa que é a máis rápida.
 
Outro procedemento frecuente é a [[traqueotomía]], por medio da cal se abre unha vía na parte anterior da garganta, inserindo un curto tubo que chega ata a traquea, por debaixo da larinxe e as [[cordas vocais]].