Orión (constelación): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 81:
Existen máis versións do mito de Orión. Unha delas contase que Orión violara a [[Mérope]], filla de [[Enopión]], por este feito Enopión deixaría cego a Orión. [[Helios]] devolveríalle a vista e a continuación Orión converteuse en compañeiro de caza de [[Artemisa]] e [[Leto]]. Prometeu aniquilar todo animal que existise sobre a terra, polo que [[Gea]] enfadouse e fixo nacer un escorpión enorme que trabou a Orión e lle deu morte. Noutra versión foi Artemisa a que lanzou o escorpión contra Orión.<ref>[[Eratóstenes]]. ''Catasterismos'', xxxii.</ref>
 
Existe outra tradición que sostiña que [[Artemisa]] estaba namorada de Orión, feito que espertou os celos en Apolo, irmán xemelgo de Artemisa. Un día Apolo, vendo a Orión o lonxe, fixo unha aposta coa súa irmá a que non podía atinarlle cunha frecha ó animal (ou a un punto brillante lonxe no océano, noutra versión) que se movía ó lonxe dentro dun bosque (ou moi lonxe no mar). Artemisa lanzou a súa frecha e deu, coma sempre, no branco. Cando foi ver a súa presa, deuse conta de que matara ó seu amado Orión. Foi tan grande a súa tristura, os seus laios e pesaresmalia que decidiu colocar a Orión no ceo para consolarse.<ref>[[Higino]]. ''Astronomía'' ii, 34, 3.</ref>
 
Outra lenda conta que Orión acosaba ás [[Pléiades]], fillas do titán [[Atlas (mitoloxía)|Atlas]], polo que [[Zeus]] colocounas no ceo. Aínda parece que, no ceo, Orión continúa perseguindo ás Pléiades.<ref>Higino. ''Astronomía'' ii, 21, 4.</ref>