Patricio Delgado Luaces: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 3:
|nome = Patricio Delgado Luaces
|imaxe = Patricio Delgado Luaces, oficial de la facción de David Cornejo, fotografía de Eugenio Lanelongue.jpg
|descrición = Patricio Delgado Luaces, fotografía de Eugenio Lanelongue.
|data_de_nacemento = [[6 de agosto]] de [[1850]]
|lugar_de_nacemento = [[Mondoñedo]] {{GAL}}
Liña 19:
 
==Traxectoria==
[[Ficheiro:CasteloLa partida mindoniense de SantoDavid AntónCornejo, nafotografiada Coruñapor 16Antonia de Santos.jpg|miniatura|230pxesquerda|[[CasteloA partida mindoniense de SantoDavid Antón]]Cornejo.]]
Escasos son os datos vitais sobre Delgado Luaces. Durante moito tempo coñeceuse a existencia da súa novela publicada con pseudónimo, citada xa na obra de [[Uxío Carré Aldao]] en [[1911]], e aínda que este alude a que coñece o nome do autor, prefire gardar o seu anonimato. Sería [[Xesús Alonso Montero]] quen dese as primeiras noticias certas sobre o autor nun artigo do ano 1970, desvelando o seu nome: ''Patricio Valentín Sisto Delgado Luaces'', que fora bautizado na cidade de [[Mondoñedo]] o [[6 de agosto]] de [[1850]], que fora capitán nunha partida [[Carlismo|tradicionalista]] que actuou durante a [[terceira Guerra Carlista]] nas terras mindonienses, por cuxa causa ingresaría como cativo no [[castelo de Santo Antón]] da cidade da [[A Coruña|Coruña]] (consonte datos posteriores sufriría cadea entre [[1875]] e [[1885]]); entéiranos, por último, de que colaboraba na revista cubana ''[[Follas Novas (A Habana)|Follas Novas]]'' e de que faleceu na Habana, posibelmente en marzo de 1900, segundo se deduce dunha necrolóxica inserida en ''[[El Eco de Galicia (A Habana)|El Eco de Galicia]]'', de [[30 de marzo]] de [[1900]].
[[Ficheiro:Castelo de Santo Antón na Coruña 16.jpg|miniatura|esquerda|[[Castelo de Santo Antón]].]]
 
Da lectura da propia novela, infírese que o autor estudou no [[Seminario de Mondoñedo|seminario conciliar]] da súa cidade natal; que coñecía a fondo o ambiente e as persoas de Mondoñedo e a súa comarca; que participou nas loitas políticas do último terzo do XIX (non só presenta a loita na comarca mindoniense, senón que demostra ter participado no propio País Vasco e Navarra); e que foi enviado a Cuba a loitar no [[exército español]] fronte os independentistas.