Poro nuclear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 17:
 
=== Importación de proteínas ===
Calquera molécula que leve un [[sinal de localización nuclear]] exposto será transportada rápida e eficientemente a través do poro. Coñécense varias secuencias sinal de localización nuclear, e xeralmente conteñen unha secuencia polipeptídica [[secuencia conservada|conservada]] con residuos básicos como Pro-Lys-Lys-Lys-Arg-Lys-Val (ou <tt>PKKKRKV</tt>). Calquera substancia que leve un destes sinais de localización nuclear será recollida por importinas e levada ao núcleo.
 
O esquema clásico da importación de proteínas con sinais de localización nuclear comeza coa unión da importina-α á secuencia do sinal de localización nuclear, e actúa como unha ponte para que se una a importina-β. O [[complexo proteico|complexo]] importina-β&mdash;importina-α&mdash;molécula transportada é entón dirixido cara ao poro e difunde a través del. Unha vez que o complexo está no núcleo, a [[RanGTP]] únese á importina-β e sepáraa do complexo. Entón a [[proteína de susceptibilidade da apoptose celular]] (CAS), que é unha exportina que está ligada no núcleo á RanGTP, separa a importina-α da molécula transportada. A proteína con sinal de localización nuclear queda así libre no nucleoplasma. A importinaβ-RanGTP e o complexo importinaα-CAS-RanGTP difunde de volta ao citoplasma, onde a hidrólise do [[GTP]] a [[GDP]] provoca a liberación das importinaβ e α, as cales quedan dispostas para a importación dunha nova proteína con sinal de localización nuclear.