Reparación do ADN: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Artigo de calidade}}
{{CADC}}
[[Ficheiro:brokechromo.jpg|miniatura|dereita|Danos no ADN que orixinaron múltiples roturas nos cromosomas (indicadas con frechas).]]
A '''reparación do ADN''' (ou reparación do DNA) é o conxunto de procesos polos cales unha [[célula (bioloxía)|célula]] detecta e corrixe os danos que se produciron nas moléculas de [[ADN]] nas que está codificado o seu [[xenoma]]. Nas células humanas, tanto as actividades [[metabolismo|metabólicas]] normais coma a influencia de factores ambientais como a [[luz ultravioleta]] (UV) e outras [[radiación]]s poden causar danos no ADN, que teñen como resultado a produción de lesións, que se estima que pode chegar ata aproximadamente un millón de pequenas lesións moleculares por célula e día.<ref name="lodish">Lodish H, Berk A, Matsudaira P, Kaiser CA, Krieger M, Scott MP, Zipursky SL, Darnell J. (2004). Molecular Biology of the Cell, p963. WH Freeman: New York, NY. 5th ed.</ref> Moitas destas lesións causan danos estruturais á molécula de ADN e poden alterar ou eliminar a capacidade da célula de realizar a [[transcrición (xenética)|transcrición]] dun [[xene]] que foi afectado pola lesión. Outras lesións inducen [[mutación]]s potencialmente nocivas no xenoma celular, que poden afectar a supervivencia das súas células fillas despois da [[mitose]] ou orixinar doenzas. Como consecuencia, o proceso de reparación do ADN está activo constantemente para responder a estes danos na estrutura do ADN.