Constanza de Hauteville: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 74:
=== Nacemento de Federico II ===
 
Constanza, que estaba en Alemaña, cando quedou embarazada regresou a Italia. Cando estaba a punto de chegar a Sicilia, pariu na vila de [[JesiIesi]], preto de [[Ancona]] ao futuro [[Federico II, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico|Federico II de Suabia]]. O nacemento do fillo de Constanza foi importante para a sucesión do [[Reino de Sicilia]], pero estivo rodeado de moitos dixomedíxomes e especulacións: Federico foi considerado por algúns detractores como o [[Anticristo]], xa que unha lenda medieval sustentaba que nacería dunha monxa vella, e Constanza de Sicilia no momento do parto tiña 40 anos e, antes da voda, dicíase que vivira nun convento. Tamén, debido á súa avanzada idade, moitos non crían na preñez da raíña. Por estas razóns construíuse un baldaquino no centro da praza baixo o que Constanza pariu publicamente co fin de disipar calquera dúbida sobre o nacemento do futuro emperador. Villani, na súa ''Crónica'', escribiu:<ref>Cómpre ter en conta que toda a ''Crónica'' de Villani está chea de clamorosas inexactitudes: Constanza era tía de Guillerme e non irmá (''serocchia''); o matrimonio tivo lugar en Milán e non en Roma; Constanza casou aos 32 anos e non aos 50; pariu aos 40 anos e non aos 52; o nacemento tivo lugar na praza de Jesi e non en Palermo. Baséandose nestas inexactitudes, a crítica actual tende, por tanto, a considerar como produto da fantasía popular incluso as outras referencias de Villani relacionadas cos seus presuntos votos monásticos e o episodio da tenda de campaña de Jesi.</ref> {{cita|Cando a emperatriz Constanza estaba preñada de Federico, sospeitábase en Sicilia e en todo o Reino da Puglia que, debido á súa avanzada idade, non podería estar preñada; por iso, cando ía parir, fixo colocar unha tenda na praza ''de Palermo'' e emitiu un bando para que todas as mulleres que quixesen fosen vela; e moitas foron, pero aínda así non acabou a sospeita''.| Giovanni Villani}}
 
=== Rexencia e morte ===