Friedrich von Schlegel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Hannóver +Hannover)
Liña 8:
Viaxou entón a Jena, en cuxa universidade o seu irmán August Wilhelm impartía clases. Alí, influído pola filosofía de [[Fichte]], empezou a desenvolver en [[Estética]] o que constituiría o principio teórico do Romanticismo, a [[ironía romántica]] ou dicotomía entre a obra creada e imperfecta e a idea do seu autor perfecta; a poesía encerraría pois elementos dunha filosofía, unha mitoloxía e unha relixión. Desde 1797 Schlegel colaborou no ''Deutschland and Der Deutsche Merkur''. Co seu irmán e [[Ludwig Tieck]] fundou a revista ''Athenaeum'', («Ateneo»), órgano do movemento romántico alemán, revista que editou entre 1798 e 1800.
 
Durante eses anos escribiu a novela semiautobiográfica e inacabada ''Lucinda[[Lucinde]]'' (1799). En 1800 Schlegel publicou ''Gespräch über die Poesie'', a súa obra máis ampla sobre estética romántica, onde estatuía que [[Dante Alighieri]], [[Miguel de Cervantes]] e [[William Shakespeare]] eran as maiores figuras da literatura universal. «A historia é unha profecía ó revés», escribiu no ''Athenaeum''. Desa época é a súa [[traxedia]] ''Alarcos'' (1802), onde sen moita fortuna tentou combinar elementos clásicos e románticos. Cando leu a historia da literatura europea lamentou perder tanto o tempo estudando o período clásico grecolatino. Compuxo entón ''Geschichte der alten und neuren Literatur'' (Viena, 1812), unha historia da literatura antiga e moderna.
 
Entre 1800 e 1801 Schlegel foi lector na Universidade de Jena. Estableceuse en París algúns anos coa escritora e tradutora Dorothea Veit, da que se namorou en Berlín anos antes e que era parente do crítico literario [[Moses Mendelssohn]]. En París Schlegel estudou [[sánscrito]] e fundou, en 1803, o xornal ''Europa''. Traballou editándoo até 1805. En 1804 casou ó fin con [[Dorothea Veit]], e volveu a Alemaña, en concreto a Colonia (1804-1807). Tras converterse ó [[catolicismo]] en 1808 viaxou a Viena, onde traballou no Ministerio de Asuntos Exteriores austríaco. Alí coñeceu ó escritor [[Joseph von Eichendorff]]. Serviu no exército austríaco entre 1809 e 1810.