Asgard: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 27:
En ''[[Gylfaginning]]'' (''”Engano de Gylfi”''), Snorri presenta a súa versión mitolóxica. Nese momento, os islandeses estaban sendo convertidos ó cristianismo, polo que el non puido presentar os mitos como parte dunha crenza actual. Recorre, en troques, a unha estrataxema desacreditadora: Gylfi, rei de Suecia anterior ós Æsir, viaxa a Asgard e encóntrase cun gran salón ([[Valhalla]]) na segunda sección.
 
Dentro hai tres oficiais, ós que [[Gylfi]], baixo a aparencia de [[Gangleri]], pódelles facer preguntas sobre Asgard e os Æsir. O que siguesegue é unha revelación dos antigos mitos, pero ó final, o pazo e a xente desaparecen nun trono e Gylfi encóntrase só nunha chaira tras ter sido enganado (Sección 59).
 
En ''Gylfaginning'', o antigo Asgard estaba rexido por un deus maior, o pai de todo, que tiña doce nomes. Era o señor de todo e o creador do ceo e a terra (Sección 3). Durante a creación, a vaca cósmica [[Auðumbla]] lambeu a [[Buri]] do xeo. O seu fillo, [[Bor]] enxendrou a [[Odín]], [[Vili]] e [[Vé]], que construíron o universo dos restos do xigante [[Ymir]] e puxeron a [[Midgard]] nel como residencia para a primeira parella de humanos, [[Ask e Embla]], que crearon na sección 9.