Asgard: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
años* (crías da ovella) -> anos (espazo de tempo)
Liña 29:
Dentro hai tres oficiais, ós que [[Gylfi]], baixo a aparencia de [[Gangleri]], pódelles facer preguntas sobre Asgard e os Æsir. O que sigue é unha revelación dos antigos mitos, pero ó final, o pazo e a xente desaparecen nun trono e Gylfi encóntrase só nunha chaira tras ter sido enganado (Sección 59).
 
En ''Gylfaginning'', o antigo Asgard estaba rexido por un deus maior, o pai de todo, que tiña doce nomes. Era o señor de todo e o creador do ceo e a terra (Sección 3). Durante a creación, a vaca cósmica [[Auðumbla]] lambeu a [[Buri]] do xeo. O seu fillo, [[Bor]] enxendrou a [[Odín]], [[Vili]] e [[Vé]], que construíron o universo dos restos deldo xigante [[Ymir]] e puxeron a [[Midgard]] nel como residencia para a primeira parella de humanos, [[Ask e Embla]], que crearon na sección 9.
 
Os fillos de Bor construíron Asgard como un fogar para os Æsir. Asgard está concibida na terra, e un ponte de arco da vella, [[Bifröst]], conecta co paraíso (Sección 13). Dentro de Asgard hai un templo para os 12 deuses, [[Glaðsheimr]], e outro para as 12 deusas, [[Vingólf]] e a chaira de [[Iðavöllr]] é o centro (Sección 14).