Maruxa Mallo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 27:
Sendo aínda unha nena a súa familia trasladouse á localidade [[Asturias|asturiana]] de [[Avilés]].
 
En 1922, con 20 añosanos, trasladouse a [[Madrid]] para estudar na [[Real Academia de Bellas Artes de San Fernando]] onde permaneceu ata 1926, como tamén fixo o seu irmán dende 1923. Alí relacionouse con artistas, escritores e cineastas como [[Salvador Dalí]], [[Federico García Lorca]], [[Margarita Manso]], [[Luis Buñuel]], [[María Zambrano]] e [[Rafael Alberti]], co que mantivo unha relación ata que aquel coñeceu a [[María Teresa León]]. En 1927 tomou parte activa na primeira "[[Escuela de Vallecas]]", unha proposta 'plástico-poética' do escultor [[Alberto Sánchez Pérez]] e o pintor [[Benjamín Palencia]].<ref>VARIOS AUTORES. Catálogo da exposición ''Forma, palabra y materia en la poética de Vallecas''. Deputación de Alacant (Alacant, 2011).ISBN 978-84-96979-82-6.</ref>
 
Durante esa década de 1920 traballou tamén para numerosas publicacións literarias como ''La Gaceta Literaria'', ''El Almanaque Literario'' ou ''[[Revista de Occidente]]'' e realizou portadas de varios libros. [[Ortega y Gasset]] coñeceu os seus cadros en 1928 e organizoulle unha exposición nos salóns da ''Revista de Occidente''. Exhibiu dez óleos que representaban pobos cheos de sol, toureiros e manolas, así como estampas coloreadas de maquinaria, deportes e cine de principios de século. A exposición foi todo un acontecemento cultural en Madrid, e tamén punto de partida para que Maruxa fose xulgada pola súa obra e non pola súa condición feminina.