Diferenzas entre revisións de «Napoleón I de Francia»

sen resumo de edición
(→‎Descendencia: arranxiño)
}}
 
'''Napoleone di Bouonaparte''' ou '''Napoleón Bonaparte''' (en francés [napoleɔ̃ bɔnɑpaʁt]), nado en [[Ajaccio]] ([[Córsega]]) o [[15 de agosto]] de [[1769]] e finado en [[Santa Helena]] o [[5 de maio]] de [[1821]], foi [[emperador]] de [[Francia]] a principios do [[século XIX]] e o home máis poderoso e influente de [[Europa]]. O seu reinado dá nome a toda unha época da historia de [[Europa]], a unha longa serie de guerras, e simboliza a loita entre as correntes liberais da [[Revolución francesaFrancesa]] e o [[absolutismo]] e tradicionalismo do [[antigo réxime]]. A súa impronta quedaría na permanencia das súas reformas legais e administrativas, e no recoñecemento unánime do seu prodixioso talento militar.
 
== Traxectoria ==
Procedente dunha familia da baixa nobreza de [[Córsega]], o seu acento foi branco das burlas dos seus compañeiros de escola en Francia, onde desenvolveu un carácter adusto e decidido. Foi alumno da Escola Militar de [[Brienne]] e de [[París]].
 
Trala [[Revolución francesaFrancesa]] NapoleonNapoleón apoiou os revolucionarios, e en [[1791]] comprometeuse baixo xuramento na defensa do novo réxime. En [[1792]] retornou a Córsega onde participou na axitación nacionalista e revolucionaria na illa, ata a súa ruptura con [[Pascual Paoli]]. Foi subindo rapidamente de rango militar ata se converter en xeneral, tras destacar no asedio de Tolón ([[1793]]).
 
Foi detido por xacobino, pero posteriormente recibiu o encargo de reprimir o levantamento monárquico de París ([[5 de outubro]] de [[1795]]; 13 de vendimario). O [[9 de marzo]] de 1796, contraeu matrimonio civil con [[Joséphine de Beauharnais]] viúva dun xeneral da República e nai de dous fillos.
Napoleón atopou unhas tropas mal alimentadas, deficientemente equipadas e absolutamente desorganizadas. En pouco tempo converteunas no exército máis dinámico e eficaz do momento, malia a súa inferioridade numérica (tan só 37.600 homes realmente dispoñibles). A rapidez de movementos e a súa flexibilidade, a capacidade de concentrar forzas no momento e localización máis axeitadas deixaban constancia do seu xenio militar.
 
Ás súas fulminantes vitorias obrigaron o [[Imperio Austro-HúngaroAustrohúngaro]] a pedir a fin das hostilidades. Napoleón impuxo as súas propias condicións sen ter en conta o Directorio. O 17 de outubro de 1797, asinouse a [[Paz de Campoformio]], que obrigaba a [[Austria]] a ceder a beira esquerda do Rin, [[Bélxica]] e Milán. Desaparece a [[República de Venecia]] que, como contrapartida, é outorgada a Austria.
 
Napoleón creou a [[República Cisalpina]] con capital en Milán e a [[República de Ligur]] con capital en [[Xénova]], a [[República Helvética]], a [[República Romana]] e a [[República Partenopea]]. Outórgalles constitucións de nidia inspiración revolucionaria e convérteas en satélites de Francia. Neutraliza a [[Nápoles]]. O Papa [[Pío VI, Papa|Pío VI]] é detido. O resultado das vitorias supuxo un alivio financeiro para o Directorio e a fin da hexemonía de Austria sobre o norte de Italia.
=== Dono de Europa ===
[[Ficheiro:Ingres, Napoleon on his Imperial throne.jpg|miniatura|Napoleón I.]]
En 1805, creouse a terceira coalición internacional, que declarou a guerra a Napoleón. Ao non conseguir o control dos mares, Napoleón abandona a idea de invadir Gran Bretaña e organiza unha fulgurante marcha cara a Austria. A principios de outubro os xenerais [[Murat]] e [[Soult]] vencen a un sorprendido exército austríaco en Donauworth e cruzan o Danubio. Tras a vitoria de Elchingen, Napoleón atrapou ao exército austríaco en [[Ulm]]. Caeron 50.000 prisioneiros e tomou Viena. Nun alarde estratéxico espectacular e nun falso intento de retirada envolveu e esmagou o groso do exército austríaco e ruso en [[Austerlitz]] e deixou fóra de xogo as tropas prusianas. Malia a súa inferioridade numérica, os franceses perderon só 8.000 homes fronte aos 35.000 aliados.
 
Austria aceptou unha rendición humillante: asinou o [[Tratado de Pesburgo]] (20 de decembro de 1805), e cedeu Venecia, Dalmacia e o Tirol e Lindau. [[Prusia]] e [[Austria]] recoñeceron a [[Confederación do Rin]], na que Napoleón experimentou un primeiro ensaio de unidade dos principados alemáns, todos eles submisos ao seu poderío. Secularizou os principados eclesiásticos e xerou un contrapoder de pequenos estados alemáns fronte a Prusia. O 6 de agosto de 1806, [[Francisco II de Austria]] foi obrigado a renunciar á coroa imperial, chegando así á súa fin a milenaria historia do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]].
 
O poderío en Europa central era total, pero a derrotas da frota franco-española a mans de Robert Calder na [[Terceiraterceira batalla do cabo Fisterra]] e de Nelson en [[Batalla de Trafalgar|Trafalgar]], consolidaron o dominio británico dos mares. Abandonada a idea de invadir Inglaterra, ordenou o bloqueo continental co fin de atafegala comercialmente.
 
En 1806 un ultimato de Prusia, Rusia e Saxonia esixiu a retirada das tropas francesas da beira dereita do Rin e a desaparición da Confederación do mesmo nome; erguíase a cuarta coalición. Un primeiro choque acabou coa vida do príncipe Luis Fernando en [[Saafeld]]. Napoleón venceu en [[Jena]] e [[Auerstadt]] e entrou en [[Berlín]]. Perseguiu as tropas prusianas, que foron aniquiladas en Prenzlau, Lübeck, Ratkau e Magdebourg. En pouco máis dun mes de campaña as forzas xermanas comandadas por Blücher e o príncipe de Hohenlohe quedaron reducidas á nada.
Napoleón volveu de España, e tomando man dun importante recrutamento de mozos de reemprazo organizou un avance polo val do [[río Danubio]]. Venceu en [[Abensberg]] e [[Eckmühl]] facéndose con Baviera. Tras estas vitorias marchou sobre Viena e, tras a batalla de [[Ebersberg]], entrou na capital imperial. Esta última acción primou o criterio político sobre o militar e supuxo deixar de premer directamente as castigadas forzas inimigas. Estas, con tempo para reorganizarse, achegáronse a Viena, e aproveitando as crecidas do Danubio atraparon as tropas napoleónicas na sanguenta batalla de [[Aspern-Essling]] (arredor de 22.000 baixas en cada bando). Era a primeira vez que o Emperador de Francia era vencido á fronte das súas tropas.
 
Facendo gala dunha contundente capacidade de resposta e de sisuda destreza táctica, fíxose de novo coa iniciativa e derrotou as tropas austríacas na [[Batallabatalla de Wagram]] (xullo de 1809), unha batalla de proporcións descoñecidas ata entón onde se enfrontaron directamente ao redor de 330.000 homes.
 
Austria viuse obrigada a asinar a Paz de Schönbrunn, na que perdeu gran parte do seu territorio a prol de Baviera, o Gran Ducado de Varsovia, Francia e Rusia, amais de renunciar a toda saída ao mar. Austria foi de novo humillada, pero Europa comprobou que Napoleón non é invencible.
O afogo económico fixo que Rusia abandonase o bloqueo continental imposto a Inglaterra. Napoleón creu necesaria unha acción directa contra Rusia. Co apoio de Prusia e Austria reuniu un exército de 600.000 homes para invadir Rusia. Acadou as vitorias de [[Smolensko]] en agosto de 1812. Os rusos empezaron unha longa retirada mediante unha estratexia autodestrutiva de terra queimada. Buscaban illar os franceses na inmensidade de Rusia. Por fin ofreceron resistencia ás portas de [[Moscova]], onde foron vencidos na batalla de [[Borodino]]. Napoleón tomou Moscova, que tamén foi incendiada polos rusos. Agardaba en balde unha mensaxe de paz do [[Tsar]].
 
Un forte inverno forzou unha retirada tardía que sepultou o exército baixo a neve, o frío e a fame. Napoleón conseguiu forzar o paso do [[Beresina]], á custa de grandes perdas. Só uns poucos miles lograron sobrevivir. O GranGrande Exército quedou reducido á nada. Toda Europa levantouse contra Napoleón.
 
=== Todos contra Napoleón ===
Napoleón improvisou un novo exército e, nun alarde de velocidade, derrotou os prusianos en [[Lutzen]] e [[Batalla de Bautzen|Bautzen]]. Tiño á súa mercede todo o flanco sur de [[Berlín]], pero ante a inferioridade numérica e o esgotamento das súas bisoñas tropas, optou por asinar un armisticio en Pläswitx (o que máis adiante cualificaría como ''a maior parvada da súa vida'').
 
Os exércitos austríacos, prusianos, rusos, suecos e outras unidades menores gañaron tempo para organizarse e intentar acurralalo. Napoleón volveu a vencer en [[Dresde]]. Nunha estratexia concéntrica, os aliados buscaron embolsalo en [[Leipzig]], onde en outubro de 1813 tivo lugar a denominada [[Batallabatalla das Nacións]]. En realidade un conxunto de durísimos encontros onde os 150.000 franceses contiveron durante catro días o pulo dos 300.000 homes das tropas coligadas. Napoleón conseguiu retirar ordenadamente as súas tropas, pero á custa de cuantiosas baixas (38.000, polas 54.000 aliadas). Arrasou o exército bávaro que pretendía pecharlle o paso en [[Hanau]], e volveu a Francia onde pretendía reorganizar novamente o seu exército.
 
Alemaña, Italia, Holanda, Nápoles e España revólvéronse contra o declinante Imperio Francés. O xeneral prusiano [[Blücher]] e o austríaco [[Schwarzenberg]] entraron en Francia.
As monarquías absolutas pretenderon recompoñer Europa no [[Congreso de Viena]] pero os seus pobos cambiaron para sempre. Napoleón foi desterrado á illa de Santa Helena, no sur do océano Atlántico, onde morreu en 1821.
 
== AnmtepasadosAntepasados ==
<center>
{{ahnentafel-compact5
10.315

edicións