Diferenzas entre revisións de «Carlos I de Portugal»

sen resumo de edición
 
[[Ficheiro:CarlosIpt.JPG|150px|esquerda|miniatura|Retrato de D. Carlos I de Portugal]]
O 1 de febreiro de 1908, a familia real regresaba do palacio de Vila Viçosa a Lisboa. Viaxaban en coche cara a Almada, e logo tomaron un barco para cruzar o [[río Texo]], e desembarcaron en Cais do Sodré, no centro de Lisboa. No seu camiño cara ao palacio real, a carruaxe con Carlos I e a súa familia pasou por [[Terreiro do Paço]]. Namentres cruzaban a praza, foron disparados varios tiros desde a multitude por polo menos dous homes: Alfredo Costa e Manuel Buiça. O rei morreu inmediatamente, o seu herdeiro Luís Filipe foi mortalmente ferido, e o príncipe Manuel foi alcanzado nun brazo. Os asasinos foron mortos a tiros no lugar polos escoltas e posteriormente recoñecidos como membros do Partido Republicano. Aproximadamente vinte minutos despois, o príncipe [[Luís Filipe de Bragança|Luís Filipe]] morreu, e días máis tarde, [[Manuel II de Portugal|Manuel]] foi proclamado rei de Portugal, o último da dinastía dos Bragança-Saxonia-Coburgo-Gotha (Bragança-Wettin).
 
== Descendencia ==
261.261

edicións