Eucalipto azul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Follas: Arranxos varios
Liña 32:
 
=== Follas ===
É de folla perenne, de disposición alterna e de forma ovada ou lanceolada, cando as follas son novas (ata uns 2 anos), ou falciforme, cando son adultas<ref>Realmente, as follas adultas do eucalipto son ''filodios'': órganos que semellan unha folla, pero que son talos ou pecíolos dilatados e modificados para cumprir a función fotosintética que correspondería ás follas.</ref>. As primeiras son brandas, azulentas (''glaucas''), opostas e sen pecíolo (''sésiles''), duns 7-16 x 4-94–9&nbsp;cm; as segundas, coriáceas, teñen pecíolo, normalmente péndulas, e son alternas e de cor verde escura, de ata 30&nbsp;cm de lonxitude por 3-43–4&nbsp;cm de ancho. Outra diferenza vén representada polas pólas: as xuvenís teñen unha sección cuadrangular, con catro arestas ben visibles, mentres que as adultas son de sección arredondada; aquelas están cubertas, ademais, por unha substancia branca (''pruína'') que perde se se refrega lixeiramente.
 
As xemas son espidas e acompañadas de xemas dormentes ou ''de reversión'' (tecnicamente, ''epicórmicas''). Este tipo particular de xema agromará se morren as primeiras a consecuencia dun incendio, o que permite a rápida recuperación da árbore. Mesmo son quen de producir novas follas nas partes máis baixas das ramas cando estas medran excesivamente, con risco de quebrar.